A poesía infecta ao alumnado do Marco do Camballón

Durante os recreos, os estudantes contaxiados deben falar ou cantar en verso con outros compañeiros para poder curarse

Un grupo de alumnas comunícase en verso durante un recreo para curarse do rimavirus.

Un grupo de alumnas comunícase en verso durante un recreo para curarse do rimavirus. / salomé soutelo

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Hai anos que o instituto Marco do Camballón, de Vila de Cruces, é un referente na regueifa, tanto porque imparte esta materia optativa como porque tén participado en distintos certames de improvisación.

Agora, a comunidade educativa da un paso máis alá e quere demostrar que a poesía tamén poder servir para o tempo de lecer. Desde hai uns días nos patios de recreo e á entrada ou saída do centro, o alumnado está exposto a un virus que nunca vai converterse en pandemia, pero que vai afectar, e moi positivamente, á creatividade. Así, a primeira hora da mañá hai no centro unha ou dúas persoas contaxidas do rimavirus, que se contaxia cando un escoita falar en verso. A única maneira de librarse do virus é falándolle ou cantándolle en verso a outra persoa, pero coidado, non pode ser nin versos libres (que non rima) nin que teñan menos de oito sílabas. A persoa infectada tarda un minuto en ser contaxiosa-transmisora.

Ficha de control do rimavirus.

Ficha de control do rimavirus.

Para quedar inmunizado durante 12 horas, o ou a estudante pode empregar estrofas poéticas como o pareado (son dous versos con rima asonante ou consonante), coplas (catro versos de arte menor con rima asonante), sonetos (que son dous cuartetos e dous tercetos, todos endecasílabos) ou décimas, que son dez versos octosílabos que riman en consonante. Para a quen lle sexa complicado memorizar cómo riman os versos entre si, ou para quen simplemente prefira probar novos estilos, tamén valen rimas de estilo libre ou incluso rap. Porque a poesía nunca pasa de moda, so pasa de xeración en xeración, como as boas costumes.

Para quedar inmunizado, hai que falar ou cantar en verso, pero non valen versos sin rima nin de arte menor

Para saber cómo evoluciona este rimavirus, as primeiras persoas infectadas levan consigo unha ficha de control. Nela apuntan o seu nome e a maneira en que levaron esta particular e creativa doenza. Ao remate do día, os estudantes que caeron ante a enfermidade da poesía teñen que enviar unha fotografía da ficha ao Centro do Control do Virus.

Dende este centro de control lémbrase que, obviamente, a única forma de contaxio é a través das cordas vocais e do sentido do oído. Recomenda que á hora de contaxiar, a persoa que ten o rimarivus infecte de xeito discreto, disimulando, “para que a persoa infectada non quede estigmatizada ou sufra acoso escolar por falar en verso”, pero tamén para darlle unha pinga de incertidume aos recreos ao non saber se o compañeiro ou compañeira que che vaia falar o vai facer en poesía.

E da mesma maneira que despois de ter un virus un queda inmunizado durante un tempo, para o alumnado que xa pasou o rimavirus haberá unha valoración positiva nas materias de Lingua Galega, Literatura e Regueiga e Improvisación Oral en Verso.

Suscríbete para seguir leyendo