TRIBUNA LIBRE

Carta dunha nai: "O meu fillo viaxa en autobús"

"Podía acontecer que el fose nese autocar"

Miembros del operativo de rescate antes del izado del autobús caído al Lérez.

Miembros del operativo de rescate antes del izado del autobús caído al Lérez. / Bernabé

Ruth González*

Como todas/os galegas/os, especialmente os das comarcas de Deza e Tabeirós, estou consternada polo accidente de autobús da pasada Noiteboa. Son veciña de Lalín e viaxo con frecuencia a Pontevedra, polo que coñezo perfectamente as estradas PO-534 e N-541. Teño un fillo adolescente, estudiando na cidade do Lérez, que emprega habitualmente o servizos da empresa Monbus e que nalgunha ocasión tivo que realizar parte do traxecto de pé.

Izan con éxito el autobús que cayó al Lérez cobrándose la vida de 7 personas

Bernabé / Protección Civil de Cerdedo-Cotobade

Descoñezo totalmente as circunstancias que provocaron o accidente, pero si son coñecedora duns feitos acontecidos hai pouco máis dun ano, en novembro do 2021, concretamente o día 25. Un coñecido viaxaba, co seu fillo de 10 anos, pola N-640 e foi “acosado” (mediante bocinazos e luces) e adiantado, superando a velocidade permitida, nunha zona de raia continua, no medio da aldea de Trascastro, por un autocar de Monbus. Ante a gravidade dos feitos, púxose en contacto coa empresa, enviando un correo electrónico, facilitando todos os datos do incidente e solicitando que se puxesen en contacto con el. Nunca recibiu resposta...

Imágenes del complejo rescate del autobús realizado durante la jornada de ayer en el río Lérez, con la participación de unos cincuenta efectivos.   | // BERNABÉ

Imágenes del complejo rescate del autobús realizado durante la jornada de ayer en el río Lérez, con la participación de unos cincuenta efectivos. | // BERNABÉ / Lois Docampo

Gustaríame facer unha última reflexión como traballadora do sector pecuario: cada día estou máis convencida de que se está a traballar moito no benestar animal (algo que era moi necesario), pero... que pasa coas persoas? Oxalá se depuren reponsabilidades.

Podía acontecer que o meu fillo fose nese autobús...

*Veciña de Lalín