Pablo carracedo Goldar “Jasper” nnficha personal | Músico
“Sabíamos que Nao tiña que rematar pero eu nunca pensei en deixar a música”
O estradense presenta hoxe o primeiro adianto de ‘Loita Amada’, o seu novo proxecto musical no que forma tándem coa cantante Nébeda Piñeiro

Jásper e Nébeda Piñeiro, nunha imaxe promocional de Loita Amada. | / Lois docampo
Na noite de hoxe, ás 00:00 horas o grupo Loita Amada presenta o seu primeiro single, co nome de O Naufraxio. Poderase escoitar e tamén ver en todas as plataformas, ademais de na súa canle de YouTube. Esta formación é o novo proxecto do músico estradense Jásper, coñecido por ser durante moitos anos a cara máis visible do grupo Nao. Agora, inicia algo diferente e faino xunto á cantante Nébeda Piñeiro.
–Presenta vostede un novo proxecto que, á espera de ver ese primeiro vídeo, semella algo moi diferente ao que nos ten acostumado.
–Si, é algo máis tranquilo. Musicalmente é máis amable do que facíamos en Nao pero tampouco é algo acústico. Nestes meses estivemos facendo acústicos pero o disco está gravado pensando nun formato con banda grande. Temos incluso dous formatos, un de cinco e outros de oito persoas, porque hai temas que teñen vento. Este primeiro tema que imos presentar gustoume de saída polo que implica a nivel metafórico. Fala un naufraxio. Semella que, ao acabar en Nao, aparezo nunha praia varado. Iso é o que se pode ver no vídeo. Nesa praia tamén está Nébeda e entre os dous decidimos saír adiante cunha barca abandonada. Fala de seguir adiante e superar obstáculos. Vamos a afundirnos pero vamos a saír igual.
–As cancións entendo que son cousa súa.
–Eu compuxen o disco pero musicalmente é diferente. Dentro hai cancións que teñen máis de dez anos pero que non ían para Nao. Quería darlle ademais un toque máis galego, tirando cara un estilo de canción protesta, pero cun toque máis moderno. Hai ritmos tradicionais, outras veces guitarras eléctricas, moito piano...eu graveino nun estudio sen banda, coa dirección artística de Paco Montoto e Lolo Arincón, de Sonix Records. Eu tamén me deixei guiar por eles. Gústame experimentar e ver que lles suxerían a eles os temas. Así podes atopar desde unha muiñeira a un rock, pasando por un vals. Hai ritmos de todo tipo segundo o que foi pedindo cada tema. Algúns deles tíñaos gardados e sei que van funcionar moi ben e que van chegar.
–Neste caso, e ao contrario que en Nao, no compartiu esa labor de creación.
–É certo. En Nao todos aportábamos. Gustavo por exemplo tiña un peso moi importante na creación e nas composicións das cancións. Especialmente nos últimos anos el era o que lle daba a formar aos temas de Nao. Eu centrábame máis nas letras. Neste caso traballei so. tanto nas letras como na forma. Eu tomei a decisión final sobre cancións que tiveron ata catro versións diferentes. Tiven moita sorte con Sonix Records porque me deron todas as facilidades e apostaron por mi, firmando un contrato discográfico por un disco. Da súa man quedou por exemplo elixir as que máis lle gustaban. Iso dáche unha maior seguridade.
–Como nace Loita Amada?
–Nace das miñas inquedanzas musicais. Eu nunca pensei en deixar a música. Sabíamos que Nao tiña que rematar pero tamén sabía perfectamente que ía a continuar. Nace de dar unha volta á cabeza e de querer probar outros estilos. Son unha persoa inquieta á que lle gusta evolucionar e probar. Tiña claro sen embargo que non quería facer algo en solitario. Parecíame algo pretencioso. Así que falei cunha compañeira como Nébeda, que sabía que podía axudar a darlle un carácter máis tradicional. Ela é profesora de pandeireta, é cantareira e leva moito tempo preparando a grupos de música tradicional. Encántame ademais a súa voz e soubo darlle un toque persoal ás miñas cancións. Ela fixo que isto medrase.
–Cales son os seguintes pasos?
–O máis inmediato é este anticipo de hoxe. O día 16 tentaremos ter listo o segundo videoclip. E o día 19 de decembro sae o disco á venta en físico e en todas as plataformas. Logo deixaremos que a xente o escoite e o faga seu. En febreiro faremos unha presentación en Compostela. A idea é facer unha xira de salas pero tamén en auditorios, xa que serve para os dous formatos. Logo teríamos o formato máis grande, de festival, pensado para o verán, con oito persoas. Este disco vaime permitir facer cousas que botaba en falta en máis de vinte anos na música.
Suscríbete para seguir leyendo
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Rescatan a un hombre que se subió a lo más alto de una grúa para lanzarse al vacío en Rosalía de Castro
- En libertad el cabecilla de la red que traficaba con Rivotril y en la que están implicados médicos de Cangas y Vigo
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- Una valla publicitaria de ocho metros en Gran Vía para declararse: «¿Rubén, quieres casarte conmigo?»
- Dueños exigen a inquilinos el abono del seguro de impago de alquiler en Vigo: «Es un abuso»
- Nuevo susto en la AP-9 en Vigo tras otra pedrada que fracturó la luna de un coche