Onte, Xosé Neira Vilas cumpriría 94 anos se vivira. Con tal motivo, na fundación que leva o seu nome en Gres tiveron lugar senllos actos que contaron coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. No evento levouse a cabo a entrega do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, un galardón á obra Cristais rotos, de Álvaro Domínguez. Tamén, e coincidindo coa conmemoración do Día do Lector, o Día de Neira Vilas contemplou a inauguración dunha exposición coas ilustracións da artista Belén Rodríguez Pazo para O cabaliño de buxo, que o escritor de Gres dera a coñecer en 1971.

O colexio do Foxo volveu recordar ao escritor

Tamén onte, a Xunta de Galicia anunció a realización do documental “Os camiños do neno labrego” conmemorando o nacemento de Neira Vilas. Trátase dunha peza audiovisual dirixida e producida por Simone Saibene, xurdida por iniciativa da Fundación Neira Vilas e que foi realizada pola produtora Noveolas Produccines ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais 21-22.

Pola súa banda, na Estrada, o colexio do Foxo volveu recordar a Neira Vilas nesta data sinalada, con quen durante moitos anos tiveron una especial relación. Os actos comezaron cun recibimento aos invitados, contando coa música de Manoele de Felisa. Seguidamente, no Xardín da Poesía María Porto Puente, léronse poemas e realizouse unha solta de globos. Despois os actos se desplazaron á biblioteca do centro, que leva precisamente o nome de Xosé Neira Vilas. Alí a coordinadora da biblioteca, Lorena Casal, leu un texto en recordo, antes da intervención da directora do centro, Rosa Ferreira. Para finalizar falou o presidente da fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo Neira.

No IES Manuel García Barros organizouse unha charla sobre Neira Vilas, na que tamén contaron coa presencia de Redondo Neira.