Unha porquiña con moito por andar

Roteiros presenta a súa mascota na Ruta das Fragas de Catasós, cun cento de participantes

Os camiñantes, coa mascota, na rúa Colón, antes de iniciar a ruta.

Os camiñantes, coa mascota, na rúa Colón, antes de iniciar a ruta. / Xan Salgueiro

Xan Salgueiro

Xan Salgueiro

Deza é o nome da mascota que Roteiros de Lalín presentou onte en sociedade: unha porquiña deseñada pola ilustradora Fátima Busto. Foi no transcurso da Ruta das Fragas de Catasós, que congregou a máis dun cento de persoas, tanto do propio municipio coma chegada doutros da bisbarra (Silleda, Vila de Cruces ou Rodeiro) e incluso desde moitos puntos de Galicia (A Coruña, Vigo, Cambados, Vilagarcía, Noia, Santiago ou Pontevedra).

O percorrido clásico desta andaina inclúe o paso pola tumba romana do Alto de Vales, Regoufe, as fragas de Casas Vellas e Quiroga, o castro e a igrexa de Catasós, as proximidades dos Pazos de Quiroga e Donfreán, a capela de Belelle e o templo románico de Lalín de Arriba. Aproveitouse para renovar toda a sinaléctica instalada pola brigada de obras do Concello de Lalín, os voluntarios e voluntarias de Roteiros de Lalín e a xente de Salvemos Catasós. A organización agradece a labor de todas as persoas que participaron e colaboraron, como Aspadeza e Protección Civil.

Esta camiñata forma parte da campaña Facendo camiño por Lalín, organizada en colaboración co Concello de Lalín. A seguinte cita será o domingo 27 de novembro na andaina ao miradoiro do Pedroselo, na Serra do Candán.

Tracking Pixel Contents