O Concello de Lalín recibiu a homologación da Ruta dos Pazos e da Ponte Taboada. Segundo se recolle no certificado emitido pola Federación Galega de Montañismo, o recorrido parte de Lalín, no parque da estatua de Loriga, segue por Estivelle, A Eirexe, Donsión, pasa xunto aos pazos de Bendoiro e de Liñares e remata na ponte medieval. A súa identificación é PR-G-234, con data de homologación o 3 de xullo de 2022.