Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A feira dos cinco sentidos

Sopa de Letras congrega a centos de visitantes cun programa que combina recitais, roteiros literarios e concertos para público infantil

Varias persoas contemplan os estantes e mesas con libros. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Somerxernos nunha historia mentres os nosos ollos (ou os dedos) a percorren. Abrir pola metade un libro recén mercado e ulilo. Tocar as caras dos superheroes dun cómic. Escoitar un audiolibro ou ao noso poeta ou poetisa recitando aquilo que un día inmortalizou nun papel ou nas redes sociais. E dicir, ao chegar á última páxina ou ao última frase, canto nos gustou e qué bo sabor de boca nos deixa.

O concerto de Mamá Cabra ía dirixido a toda a familia. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Ler é un exercicio dos cinco sentidos, e por iso, a festa literaria Sopa de Letras, que remata hoxe na Praza da Igrexa, permite dende o venres a veciños e visitantes mergullarse na marabillosa aventura de ler para disfrutar da vista, do oido, do olfato, do gosto e do tacto co simple feito de sentarnos cun libro nos xeonllos. Dende media mañá, a carpa foise enchendo de xente, debido ás numerosas propostas para o público infantil. A comunidade de pequenos lectores Os Mirlotís celebrou aquí un encontro, para despois dar paso a un obradoiro de ilustración e ao concerto de Mamá Cabra. Houbo un recital pola mañá con Carlos Negro e Benxamín Otero e, xa pola noite, unha intervención poética de Lois Pérez no Casino. Os dous roteiros literarios de Inacio Vilariño (hai outro hoxe ás 12.00 horas) e presentacións como as novidades da Editorial Fervenza completaron esta segunda xornada.

A editorial Fervenza presentou varias das súas novidades. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Programa de hoxe

Hoxe a feira está aberta de 10.30 a 14.00 horas. Ás 11.00 Brazolinda propón xogos de mesa en galego, e a Compañía Eléctrica ofrecerá un espectáculo familiar ás 12.00 horas. Ao seu remate, Xosé Luna presenta A mar, amar.Baixa o telón un recital no que interveñen Charo Golmar, Rosalía Morlán e Ánxeles Madrián, acompañadas polo cantautor Manoele de Felisa.

Compartir el artículo

stats