Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Susa Penido Espiño | Nai dun neno con necesidades específicas

“É importante a visibilización destes nenos para comezar a integralos na sociedade”

“Presentan necesidades das que aquí se carece de profesionais. Xuntámonos para atender as demandas das persoas que o precisen”

Susa Penido Espiño, co seu fillo. | // CEDIDA

Susa Penido Espiño (Silleda, 1973) é unha das representantes de familias que teñen fillos con necesidades específicas. Xunto con cinco mulleres máis, busca crear en Trasdeza un colectivo para dar cobertura e visibilidade a todas as familias que experimentan esta situación.

–¿Cómo vai a posta en marcha da asociación para dar cobertura a familias con necesidades específicas?

–Seguimos intentando, estamos en contacto con Autismo Galicia dende o Concello de Silleda e estamos á espera e pendentes de calquera novidade.

–¿Cómo xurdiu esta iniciativa?

–Isto nace porque na zona hai moitos nenos sen atender e non hai recursos suficientes, entón consideramos que é mellor xuntarnos e crear un colectivo para poder atender e dar servizos ás demandas de todas as persoas que o precisen.

–¿A qué tipo de necesidades dan cobertura?

–En principio aínda non está nada creado. Nós, o que queremos dar é cobertura amplia. É un colectivo que se vai a crear para atender necesidades de autismo, TDH e todo o que engloban estas patoloxías. Queremos poder traer a algunha psicóloga ou terapeuta ocupacional para comezar. Temos xa algún contacto, mais está todo no aire polo de agora.

–¿Por qué é necesario un colectivo que visibilice estes casos?

–Nós consideramos que é moi importante a visibilización, hai que dalos a coñecer, porque son nenos igual ca o resto, pero que presentan unhas necesidades das que aquí se carece de profesionais e é preciso comezar a integralos na sociedade.

–¿Qué facilidades ou recursos lles está proporcionando a administración?

–O Concello de Silleda está en contacto con nós e estanos dando varias facilidades, estanos axudando bastante e mostrando interese.

–¿Qué outras iniciativas poden axudar a dar máis visibilidade ás necesidades específicas?

–Teriamos que ir mirando porque, seguramente, hai moitas pautas para facer, para que todo isto se divulgara moito máis. Algunhas ideas poderían ser: contar con profesionais, crear cursos, que os colexios se implicaran un pouco máis e fixeran algún acto de apoio e tamén por parte das administracións, pero iremos pouco a pouco.

–¿Coñece a existencia doutros colectivos desta índole?

–Sabemos dalgún, pero quédanse pequenos, porque non abarcan todas as necesidades en sí, por iso, nós estamos creando un que poida chegar a cubrir completamente.

–¿Cales serían esas necesidades que precisan ser cubertas?

–De todo tipo, psicólogos, terapeutas, logopedas que poidan traballar cos nenos ata a idade adulta.

–¿Coñece a existencia doutros colectivos desta índole?

–Sabemos dalgún pero quédanse pequenos porque non abarcan todas as necesidades en sí, por iso nós estamos creando un que si poida chegar a cubrir todo completamente.

Compartir el artículo

stats