O Teatro Principal, o Mercado Municipal e o Campo e a Praza da Feira recibiron as diferentes propostas que conxulgaron todos os estilos e linguas e que encheron as diferentes localizacións dun público moi receptivo que disfrutou de tres xornadas continuadas dunha escolma coas bandas e solistas máis punteiros da escena galega.

Tres días, catro escenarios e vinteun artistas pasaron durante esta fin de semana polo pobo da Estrada para deicar claro que o talento emerxente de Galicia sitúase no primeiro nivel do panorama musical nacional.

Actuación de Grande Amore, onte, na Estrada. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Ao longo destos tres días chamaron a atención as múltiples colaboracións que se deron entre os diferentes participantes no festival. Así, por exemplo, puidose ver a Mariña Paz de Furious Monkey House subir ao escenario con Berto, María Grep colaborar con Grande Amore e Mundo Prestigio, Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño tocando con Néboa e Cibrán de Boyanka Kostova interpretando un tema con Ortiga.

En plena recollida, desde a organización destacaron a indispensable colaboración do Concello da Estrada, Gadis, Paco e Lola e o Xacobeo 21-22 foron clave para consolidar un festival que ten a intención de converterse no escaparate das bandas cabezas de carteis do futuro máis inmediato.

Un balance positivo, determinado pola excelente resposta do público e o nivel do talento exposto, fai que a organización comece a valorar unha terceira edición do festival na localidad. Haberá que ver se se mantén a aposta desta edición polo talento emerxente.