Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Remedios Mámoa Sanmiguel | Presidenta da ANPA do IES Laxeiro

“Para este labor fai falta ter boa vontade, empatía e iniciativa”

“Creo que non debería haber unha nova lei educativa cada vez que cambie o goberno”

Remedios Mámoa, ayer, delante del instituto. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Remedios Mámoa Sanmiguel (Lalín, 1986) combina dende o pasado venres o seu traballo nunha fábrica e a súa labor como nai de 3 nenos coa súa tarefa como presidenta da ANPA do IES Laxeiro de Lalín. Isto non o fai soa xa que conta cunha directiva integrada pola secretaria Mónica García; José Luis Pereira é o tesoureiro e temos tamén tres vocais que son María Francia Boscoso, María Vidal e José Antonio Carballude.

–Acaba de ser elixida como nova presidenta da ANPA do IES Laxeiro, ¿cales son os seus obxectivos para esta nova etapa?

–O noso obxectivo actualmente é xestionar o banco de libros para primeiro e segundo de bacharelato. Este ano é máis complicado debido á nova lei, porque cambiaron todos os libros de primeiro. Ademais, a finais deste mes ou a principios do seguinte, imos convocar unha reunión para todos os pais e nais que teñan aos seus fillos na ESO e lles abriremos un prazo para que se poidan facer socios da ANPA. Tamén temos outros proxectos que xa iremos presentando ao longo do curso que non son só para os alumnos, senón para os pais e nais, xa que pensamos que hoxe en día é moi importante aprender e reciclarse.

–¿Cómo e por qué chegou a ser presidenta da ANPA?

–En xuño houbo unha reunión que convocou a anterior ANPA, que se disolveu porque os seus fillos xa non están no instituto. Entón estaban obrigados a convocar eleccións. Nesa xuntanza só nos presentamos seis persoas e a partir diso, algúns dos que estabamos alí fómonos poñendo en contacto e ao final xurdiu esta directiva. Agora estamos co procedemento de transición da ANPA, tanto a modo administrativo como para que a xente nos coñeza.

–¿Qué requisitos se precisan para ser presidenta da ANPA?

–Calquera persoa que teña un fillo estudando no centro educativo, neste caso no IES Laxeiro, pode presentarse tanto para presidenta como para calquera dos outros cargos, digamos que é o único requisito principal. O que fai falta é ter boa vontade, iniciativa e empatía, nada máis.

–¿Qué supón para vostede este cargo?

–É todo un reto e implica esforzo, porque ao final son moitas cousas as que hai que atender. Como ao resto dos meus compañeiros na directiva, a todos nos supón un esforzo engadido na nosa vida diaria, porque non son soamente as reunións que temos unha os dúas veces ao ano, senón que son todos os procesos que hai por detrás. Pero alguén se ten que poñer e así tamén demostramos que o pode facer calquera e para a próxima vez que haxa eleccións se anime máis xente.

–¿Qué aspectos do funcionamento do IES Laxeiro cree que se poderían mellorar?

–Aínda temos que recadar toda a información, porque eu podo falar da ESO, pero tamén hai ciclos, bacharelato e aí xa se me escapa un pouco o tema de momento. A percepción que teño eu é que igual temos que formar, non tanto aos rapaces, senón aos pais nas tecnoloxías e nos métodos de estudo que emprega o IES Laxeiro. De feito, o director xa falou con nós para comunicarnos que ten intención de impartir unha charla informativa sobre todos eses sistemas para poder resolver as dúbidas que teñan os pais.

–¿Cómo cree vostede que se pode integrar a ANPA na vida do colexio?

–De momento a relación que temos co director, que é Xosé Manuel López, é boa. Pedímoslle que nos dixera canto antes que profesores eran os que ían querer vir e cales non, porque para eles tamén foi moi complicado, xa que este ano cámbiase todo o proxecto dos números impares. O que podo dicir polo momento é que a comunicación é fluida co instituto e estamos intentando que sea igual cos pais. De feito, creamos un grupo de difusión para poder entablar relación con eles, porque así é moito máis directo.

–En educación, ¿qué considera que é urxente ou necesario de modificar?

–Isto xa é unha opinión persoal pero compartida. Penso que non debería haber unha nova lei cada vez que cambie un partido político porque ao final xa pasamos por moitas leis distintas de educación. Creo que o que urxe é estabilidade, unha liña continua que permita que, independetemente do partido que goberne, o método de estudo se manteña.

Compartir el artículo

stats