Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Grande Amore nnficha persoal | Músico

“Comecei a tocar en solitario porque tiña moita curiosidade”

“O Son dos Arrieiros é un festival case único en Galicia por ser una aposta tan clara por grupos galegos emerxentes”

Nuno Pico actuará o domingo na Estrada.  | // JANITE

Nuno Pico actuará o domingo na Estrada. | // JANITE / Bieito Baliño

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Bieito Baliño

A Estrada

O lugués Nuno Pico comezou a relacionarse co mundo musical sendo mozo, cando súa nai o apuntou a clases de saxofón en Burela. Aínda que ó principio odiaba as clases, co tempo comezou a forxar unha paixón pola música que o levou a tocar en diferentes grupos, como Oh! Ayatollah ou Os Rastreadores, antes de dar un paso máis e convertirse nun artista en solitario. Como Grande Amore, Nuno acadou un recoñecemento e unha importancia dentro do ámbito musical galego co que nunca contara. O domingo (12:30 horas) actuará no Son dos Arrieiros.

–Como naceu Grande Amore?

–Eu xa cantaba en Oh! Ayatollah dende o 2015, pero tiña na mente varias ideas de cancións que me gustaría interpretar eu só para ver como quedaban. Por así dicilo, foi algo casual, case coma un xogo. A partir de aí comecei a facer cancións en solitario e Josiño, responsable de Ernie Records, preguntoume se me gustaría traballar con el, porque lle vía potencial ó meu traballo. Eu estaba encantado, claro, e díxenlle que sí. Así comezou todo. Como Grande Amore, empecei a sacar temas no ano 2020.

–Ten un nome que resulta moi chamativo. De onde sacou esa denominación tan curiosa?

–Primeiro teño que aclarar que me costa moito poñerlle nomes ás cousas. Imaxino que lle pasará a todo o mundo, pero a min especialmente. Entón, como isto era unha cousa seria decidín pensalo con calma. Un día, nun restaurante chino que hai en Santiago, vin a un tipo que tiña un suadoiro que poñía “Grande Amore”. Gustoume o nome, e despois de comprobar en google que non había ningún grupo que se chamara así, adopteino definitivamente.

–Ten algún tipo de relación ca vila da Estrada?

–Estiven o ano pasado no Son dos Arrieiros, porque fun tocar cos Rastreadores, un grupo no que colaboro ás veces. Eu participei con eles na sesión vermú do sábado e despois estiven de público durante todo o festival. A verdade é que me gustou moito e espero que a experiencia deste ano sexa, polo menos, igual de boa.

–E que opinión ten do festival, do Son dos Arrieiros?

–Sorprendeume gratamente o cartel, que está repleto de grupos emerxentes de Galicia. É difícil ver un festival que aposte, integramente, por proxectos así. Eu non coñezo outro evento así que reúna só proxectos de Galicia que están emerxendo. Valoro moito a valentía da organización, que apostou moito polo urbano e por grupos que non son tan coñecidos, e aínda así puideron organizar un festival que tire pola xente, que chame a atención. Paréceme interesante e un traballo magnífico da organización.

“Nunca pensei que Grande Amore puidera chegar a ter tanto éxito”

–Na actualidade, Grande Amore vai ós festivais máis importantes, sendo un nome moi recoñecido dentro do ámbito musical galego. Esperaba ter tanto éxito?

–Non o esperaba para nada, pero tamén direi que para as cousas que fago eu, acostumo a ser moi pesimista. Nunca contei con dar tantos concertos ou visitar todos os festivais nos que estiven este ano. E moito menos, que a xente respondera sempre así de ben. Tamén hai que dicir que Grande Amore non só é Nuno Pico, hai máis xente involucrada que axuda a que o proxecto vaia para arriba. Evidentemente, este éxito non é unicamente mérito meu, nin o daría conseguido eu só.

–Cal cre que é o teito de Grande Amore?

–Eu diría que xa chegou ó seu teito, porque nunca pensei chegar ata este punto. Por exemplo, un día fun a Ferrol para ver un concerto de Muchachito. Durante a actuación, comezou a tocar unha canción miña e fíxome subir ó escenario a cantala. Para min, de tolos.

Tracking Pixel Contents