Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carlos neira suárez nnficha persoal | Gañador do concurso Balbino de Relatos

“Faltábame ter un libro, así que me parece unha gran sorte”

“É moi difícil hoxe competir porque escribe moita xente e moi ben”

Carlos Neira Suárez, gañador do concurso Balbino de Relatos.

Carlos Neira Suárez (Ferrol, 1950) converteuse no sétimo gañador do concurso Balbino de Relatos coa sua obra A comuna de Valdonelle. Con este galardón o autor podrá publicar o seu libro, que verá a luz neste 2022, da man de Edicións Fervenza.

–É a primeira vez que participa neste concurso de relatos?

–Neste é a primeira vez, pero xa participei noutros de textos narrativos durante os últimos anos. Non en moitos, porque aínda que teño ese afán desde moi pequeño, realmente empecei a mandar a concursos nos últimos anos. Este é o primeiro premio importante, tiven este mismo ano outro de microrrelatos, o chamado Relatos.gal da Real Academia Galega, onde acadei un segundo premio. Escribo tamén poesía, e tamén enviei algúns onde tiven outro segundo premio nunha ocasión e nada máis. Realmente son un auténtico novel, se exceptuamos a idade.

–En qué se inspirou para compoñer o seu relato?

–É unha vella concepción do mundo que temos moita xente en Galicia, que é que os que nacemos e vivimos nas cidades, os urbanitas, temos unha propensión a valorar moito o rural e estamos asistindo a un proceso de retorno de xentes que nunca foron de aí e de algúns que si foron e descenden de labregos que tornan ao rural. Hai unha especie de retorno que, por outra, parte parece estar concorde ao que está pasando no mundo. Hai que voltar a retomar algunhas cousas: a capacidade de producir, a autosuficiencia, a soberanía alimentaria e o cuidado da natureza. Todas esas cousas que están de actualidade e que son un modelo para o futuro. Hai moita xente que está nesa labor de observar a posibilidade de retonar ao campo, e aí me inspirei. Coñezo algunha xente que o fixo de maneira colectiva ou que o está intentando, e vemos que hai grupos humanos de extranxeiros e locais que, en colectivo, acuden á realización de aldeas e procuparse outra maneira de vivir. Diso vai o relato, con realismo e con algo de coñecemento.

–Esperaba alzarse co primeiro premio?

–Non o esperaba. Realmente cando un manda unha obra a un premio, no íntimo sempre espera que toque a flauta por casualidade ou que chova unha bendición. Pero non o esperaba porque sí que levo moitas obras presentadas en múltiples ocasións e paréceme moi difícil. Algo entendible por outra parte porque hai unha calidade de escritores e escritoras galegas, novas e revolucionarias, con métodos e temas moi buscados. É moi difícil hoxe competir, escribe moita xente e moi ben, así que non o esperaba.

–A súa obra vai ser publicada baixo o selo de Edicións Fervenza, qué sensación lle transmite isto?

–Será o meu primeiro libro e se acudimos ao vello proverbio de que hai que prantar unha árbore, ter un fillo e escribir un libro, eu prantei árbores na miña vida, tiven fillos e faltábame ter un libro, así que paréceme unha gran sorte.

–Coñece xa a fecha de publicación ou todavía non se sabe nada?

–Aínda non se sabe nada, o que sei é que vai rápido, polo que me dixeron axiña dispoñeremos dela. Supoño que no prazo dun mes estará nas nosas mans.

–Foille difícil crear esta obra?

–As obras, polo menos baixo a miña experiencia, non son un plano, un proxecto que se debuxe, que teña un anteproxecto, un esquema, unha estructura e empezas a escribilo. Non é así. Realmente a idea a tes, pero non sabes nin como vai empezar, nin como seguirá, nin como son os personaxes, nin como van rematar. Tes a materia para comezala, pero despois vive ela sola, vai aparecendo cada día unha escea, un personaxe, unha situación que non se prevía de ningún modo. É como os fillos, que queres que estuden arquitectura e salen bailaríns..

–Tamén conseguiu o segundo premio no certame Terras do Chamoso coa obra Cronoloxías, qué nos podería contar sobre esa experiencia?

–Foi o primeiro premio que tiven, foi como nacer. Terras do Chamoso é un pequeno premio de poesía, per lle din moitísima importancia, déronme o segundo premio. Foi algo que agradecín inmensamente e que me animou moito. Iso sucedeu o ano pasado e foi o comezo dunha especie de nova era para min, xa que comezo a ter premios. Gustoume porque é un poema dunha labrega real, que quixen moito e coa que tiña moita relación, unha vella labrega dura e nobre.

–Vostede colabora esporadicamente con distintos medios de comunicación, cómo xurdiu esta relación?

–Desde idade moi temprana, eu procuraba escribir cousas. Eran comentarios de actualidade, pequenas intrusións literarias en algún periódico local e nalgunha revista de tipo sectorial. O que máis fixen na miña vida, foi seguir a estela dun admirado poeta local de Ferrol, Parallé, que facía unha inmesa producción de literatura de tipo práctico para os eventos. Era o home que redactaba os discursos para os xubilados dos estaleiros, o que inauguraba con pregóns as festas de barrio e o que facía as letras para as rondallas. Era a producción de poesía de tipo inmediato, práctica. Facía poesía e literatura para brindar aos demais e para levantar as copas.

–Foi vostede tamén un membro destacado de Astano, concelleiro en Fene, agora se dedica ao mundo da empresa e da comunicación, qué balance fai da súa traxectoria profesional?

–Eu son un proletario precoz, traballo desde que teño memoria. Entrei no estaleiro aos 16 anos e botei alí 21 anos ou algo así. Despois me dediquei ao mundo da empresa, traballei moito e me arruinei varias veces. As empresas non son para proletarios. Agora xa son xubilado e teño todo o tempo para min, para as miñas cousas, para os meus netos, para a paisaxe e para escribir.

Compartir el artículo

stats