Onte reanudáronse as clases de Anduriña, o programa de alfabetización e integración cultural que pón en marcha o Concello de Silleda para os nenos, nenas e adolescentes inmigrantes., empadroados no municipios e fillos/as de persoas inmigrantes. Polo momento, xa conta con 11 personas inscritas, pero o prazo de matriculación segue aberto.

As sesións terán lugar os mércores, con dúas quendas por idades, de 17:15 a 18:15 e de 18:30 a 19:30 horas. A matriculación no programa fíxose en colaboración cos centros educativos silledenses, en concreto cos departamentos de Orientación, de cara a analizar qué nenos e nenas precisaban dese apoio na aprendizaxe e desenvolvemento da fala e escrita galega. As clases son gratuitas e están financiadas polo concello, que tamén mantivo este tipo de sesións ao longo do verán, en horario de mañá, para reforzar esta aprendizaxe. O programa arrancou o pasado mes de novembro, con clases tanto de galego como de castelán para a poboación inmigrante adulta.

Con este tipo de accións, o executivo local contribúe a facilitar a integración laboral, social e educativa das personas foráneas que deciden instalarse no municipio.