O viveiro de empresas de Silleda, en Área 33, acolle este luns (11.00 horas) a presentación institucional do programa Deza Circular. O alcalde Manuel Cuiña, abrirá o acto, mentres que o equipo técnico encargarase de explicar este proxecto,posto en marcha coa colaboración do Concello de Vila de Cruces e que ten por obxectivo formar a persoas sen traballo en servicios de aproveitamento forestal. O prazo de inscripción segue aberto tamén ata o luns. As persoas interesadas poden matricularse na páxina web do Concello ou na dirección emprego@silleda.gal.