Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Calros solla nnficha personal | Escritor e docente

“Gústame ser orixinal e abrir novos camiños cando escollo os meus temas”

“Xa teño na cabeza o esquema do seguinte libro, que versará sobre os obxectos de poder”

O escritor, Calros Solla

Os que teñen a sorte de coñecer a Calros Solla saben que hai algo que o define: a súa constante inquedanza polo coñecemento. Para el, esa sede de descubrir máis, de entender mellor, é o seu tesouro persoal. Por iso, dende décadas leva metido en mil e un proxectos, todos para darlle a coñecer á sociedade coetánea o incalculable valor de todos eses restos do pasado, e mesmo do presente. Desta volta, a súa aventura non era outra que a confección dun novo libro, O Pote do ouro. Novas de tesouros na Galiza. Unha entrega que forma parte da coleción de tres volumes Solae Scripsit.

O escritor Calros Solla, posando xunto a un hórreo galego. nerea couceiro

–Fáleme deste novo libro que vén de publicar, como xurdiu o proxecto?

O Pote do ouro, Novas de tesouros na Galiza é a o terceiro volume da colección Solea Scripsit, esa canle de expresión que puxo á miña disposición Moisés Barcia, o responsable da editorial Rinoceronte- Morgante para que divulgase estes aspectos da cultura galega que raian entre o extraordinario e o mitolóxico. Porque hai un público, como demostraron os números anteriores, que está agardando saber destes elementos. O primeiro volume, A vaga dos pratiños voantes, contou con éxito entre os lectores. O segundo, A crónica da Galiza Bizarra acadou tamén boa crítica literaria, e agora sacamos este terceiro título.

– Que detalles podería compartir deses dous libros anteriores?

–Pois, o primeiro vai sobre a mitoloxía contemporánea dos pratiños voantes. Como se recibiu a nova na Galiza, como foi comunicado ese fenómeno pola prensa do país, e como xurdiu o mito, alá no ano 47 do século pasado. O segundo é unha viaxe por eses 120 anos de prensa galega na procura de feitos anómalos. E agora, esta entrega, reúne as noticias de tesouros no territorio da comunidade.

–Son temas moi peculiares, por que esa escolla?

–Son varias as razóns. Por un lado son temas que a min tamén me interesan, pero sobre todo ten que ver con unha teima miña por ser tentar ser orixinal. Busco un pouco abrir novos camiños.

–En canto a estrutura, como está escrito este Pote do ouro?

–O contido está dividido en catro capítulos. O primeiro é unha nova tradución, cotexada e anotada, dos tesouros da Galiza. Unha listaxe na que figuran unhas 174 referencias a tesouros agochados en territorio galego. Eses presuntos agochos entesourados sitúanse principalmente no sur das provincias de Ourense e Pontevedra. O segundo capítulo sería froito da miña recolleita persoas, centrada na presenza destes lugares místicos en Cerdedo-Cotobade. No terceiro, céntrome neses achados de tesouros que foron noticias nas páxinas da nosa prensa. Aquí céntrome na relevancia que adquiren esas descubertas nos lectores e na cidadanía en xeral. E por último, no cuarto, dedícome a dar conta de todos o torques atopados nestas terras, e da súa localización actual.

–Será este o último título da coleción ou haberá máis entregas?

–A idea é ir paseniño poñendo na escrita estes temas que tanto nos chaman a atención. A colección está aberta, e xa teño na cabeza o esquema da cuarta entrega.

–Pode adiantarnos un pouco do tema sobre o que versará?

–Pois probablemente empregue este cuarto libro para pagar unha vella débeda cun dos meus obxectos de estudo, que é o mundo dos obxectos de poder; dos amuletos e talismáns. Un material que levo recollendo dende a década dos 90.

–Ten data xa para presentar este libro?

–Aínda non, contamos con poder facelo a comezos de outono en varios concellos. Mais os exemplares xa es´tan las librerías.

“Para posuir o tesouro debe haber integridade moral”

decoration

–Centrémonos agora no protagonista deste libro, o tesouro. Que nos pode dicir deste elementos?

–O tesouro simboliza esa ansia nunca satisfeita pola descuberta. E dicho unha persoa que xunto a Capitán Gosende levamos máis de 100 achados arqueolóxicos. E de cada un deles, a sensación que experimento debe ser moi semellanta á que experimenta aquel que atopa ouro. Mais no libro tamén se xoga co concepto propio de “tesouro” como un conxunto de mentais nobres. E hai ademais unha terceira óptica, que é o tesouro como ser mitolóxico. Aqueles custodiados polos mouros ou as serpes. Neste último apartado chama a atención, i é algo no que quixera incidir, na selección moral que fan estes tesouros, pois non calquera pode posuilos. Para facelo requírese de certa integridade moral, capacidade intelectual, e sorte. Como podes ver, é un termo polifacético.

–Podería profundizar nesa unión entre a moral e o tesouro?

–Pois vexamos, o tesouro non debería quedar só nun conxunto de bens materiais con certo valor. Requírese dunha serie de cualidades para poder chegar a posuilo sen poñelo en risco. Un exemplo sería o de Caldas, que durante o Franquismo se quixo fundir para financiar ao exército. Isto demostra que os posuidores deses bens non eran dignos deles.

-No exemplo do tesouro como ser mitolóxico menciona os mouros e as serpes. Eses personaxes da nosa mitoloxía son coñecidos por enfeitizar a aqueles que tentan facerse co seu ouro. Pensa que aquí ese elemento pasa a ser unha ferramenta para transmitir certos valores á sociedad?

-Dende logo, é unha análise válida. Para pode posuir esas riquezas un debe contar con unha serie de capacidades e de valores, se non o tesouro desparacerá. Está de novo ligado a ese carácter polifacético do concepto que mencionaba antes.

Compartir el artículo

stats