As parroquias lalinenses de Moneixas e Madriñán honran esta fin de semana a Santo Adrao. As misas serán os dous días ás 13 horas, dedicadas tamén á Virxe do Rosario na primeira e a San Antón na segunda. Hoxe, na verbena de Moneixas actúan os grupos Karma, tamén na sesión vermú, e Crazy; e mañá, a banda de gaitas Os Dezas. En Madriñán tocan hoxe á noite o dúo Musiclar –sesión vermú– e a charanga Ardores; e mañá, a Banda de Vilatuxe.