Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vaia malleira!

A Festa da Malla reúne a unhas 1.500 persoas na representación das técnicas tradicionais de recolleita do trigo e do centeo

22

As mellores imaxes da Festa da Malla de Doade. Bernabé | Javier Lalín

Doade celebrou onte a súa XXIII Festa da Malla Tradicional. Un evento ao que acudiron ao redor de 1.500 persoas, segundo manifestou Manuel Blanco Villar, xerente do Museo Casa do Patrón. Amais, os curiosos que se achegaron ata o lugar puideron gozar dunha mostra de artesanía popular que acollía tamén unha exposición de motores, máquinas aventadoras e pinturas da malla.

Ao mediodía, e como estaba previsto, leváronse a cabo as representacións das técnicas tradicionais de recollida de trigo e centeo. Comezouse co carrexo de mollos con xugada de vacas do país, ao que seguiron os distintos procedementos de malla: á pedra, con males, malladoira manual, motor e tractor. Nestas últimas mesmo botou unha man o alcalde de Lalín, José Crespo.

Comezouse co carrexo de mollos con xugada de vacas do país, ao que seguiron os distintos procedementos de malla

decoration

A xornada continuou cos premios aos mellores vestidos de época. O home vencedor foi Lito Costa, de Doade, e a muller agasallada, María Dobarro, de Vilatuxe. Ambos recibiron dous vales para un circuito termal no hotel Torre do Deza. Seguidamente, pasadas as dúas da tarde, tivo lugar o xantar popular, no que se congregaron cincocentos veciños da parroquia, baixo unha carpa con polbeiro e cun menú que estaba composto por empanada, carne ao caldeiro, postres,bebida y café.

Xa pola tarde, todos os presentes puideron desfrutar do 8º Serán da Malla que contaba coas actuacións das Pandereteiras A Xariza de Parada;o grupo de gaitas Os Dezas de Moneixas: a agrupación O Carballo da Manteiga; Amigos do acordeón Terras de Celanova; Ailola de Lalín e o grupo de gaitas Os Trasnos de Doade. O remate de esta festa declarada de Interese Turístico de Galicia estivo a cargo do grupo Cantos da Terra de O Salnés, que realizaron un concerto as 19.00 horas.

Compartir el artículo

stats