Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

MANUEL BLANCO VILLAR | Xerente do Museo Casa do Patrón de Doade

“Se non tivera unha certa seguridade de que a Malla vai continuar, non loitaría tanto por ela”

“Acadar o título de Interese Turístico de Galicia non é sinxelo, e menos para unha asociación privada e para unha aldea pequena | “Para nós é unha honra e un estímulo para seguir facéndoa cada ano máis e mellor”

Manuel Blanco, segundo pola esquerda, na presentaciónda Festa da Malla. | // BERNABÉ/ A. AGRA

A 23ª edición da Festa da Malla terá lugar este sábado no Museo Casa do Patrón de Doade. A festividade, que xa está máis que asentada no tempo, logrou acadar recentemento o título de Interés Turístico de Galicia. Algo que mostra con verdadeira satisfacción o xerente do museo, Manuel Blanco Villar (Codesa,1956), que prevé que a festa sexa un gran éxito e que reúna a maior cantidade de xente posible. A celebración estará baseada nas recreacións dos distintos tipos de malla históricos, e despois disfrutarase dun xantar conxunto para todos os que se acheguen ao lugar, e todo isto estará amenizado por diversas agrupacións musicais que mostraran o seu talento ao longo da xornada

–Cómo xurdiu a idea de facer esta Festa da Malla?

–Empezamos en Coleseda fai agora 23 anos. Inda me lembro do día que encendemos o motor por primeira vez. Tiñamos dous xogos de máquinas e motores contratados, xuntámonos os veciños e puxémolos a andar. Botamos un pouco trigo e centeo e empezamos a facer a malla como unha colaboración veciñal, como era antes. Logo foise agrandando coa colaboración de xente doutras parroquias e decidimos tamén ir ampliando as modalidades ata chegar a facer o que realizamos hoxe, que son as cinco clases históricas de malla que houbo en Galicia..

–Acaban de acadar o título de Festa de Interés Turístico de Galicia, que supón para vostedes lograr este recoñecemento?

–Supón unha gran satisfacción por todas as persoas que nos axudaron e participaron. Loxicamente esta distinción non é sinxela e menos para unha asociación privada e para unha aldea pequeña. Para nós é un prestixio, unha honra e un estímulo para seguir facendo a malla cada ano máis e mellor. Para acadar este título hai que ter unha antigüidade de 20 anos, e nós levamos 23 initerrumpidos, entre outros requisitos bastante amplios e esixentes que obviamente cumprimos.

–Na presentación, tamén plantexaron a posibilidade de ir a polo título de Festa de Interés Turístico Nacional. Que requisitos precisan acadar?

–Imos tentalo, pero polo momento imos disfrutar da catalogación deste ano. Creo que hai que esperar cinco anos despois de acadar o de Interés Turístico de Galicia para poder pedir o Nacional, e ir ampliando as actividades e darlle unha repercusión mediática e un radio de acción a nivel nacional en vez de galego.

–Cómo foi organizar esta celebración tendo en conta as restriccións sanitarias durante a pandemia?.

–Nunca se sabe se a podes facer ou non ata uns días antes porque as normas sanitarias variaban constantemente en función da situación da pandemia. Chegado o momento e ao ter en conta que era unha actividade ao aire libre na que participaban 50 persoas durante esas edicións, con mascarilla, distancia de seguridade, lavado de mans e control de temperatura puidémola facer.

–Ve vostede un relevo xeracional de cara a esta festividade, para que a celebración se manteña con vida?

–SÍ, evidentemente. Se eu non tivera unha certa seguridade de que isto vai continuar, pois non loitaría tanto por ela. Nós temos o relevo xeracional asegurado no museo, non nunha xeración, senón en dúas, que xa participan. Levamos xa dez anos, concretamente no tema da Malla e doutras cousas que facemos, onde implicamos a xente moi nova. Este ano, probablemente, máis da metade dos que mallan os males son xóvenes menores de 40 anos. Estamos non só tentando que estén presentes, senón que buscamos asegurar a participación da xuventude e facendo xa ese relevo en todas as modalidades da malla. Loxicamente, isto é o único que nos garante unha continuidade no tempo, porque nós pasaremos pero a malla queda, as fotos, os videos e os recordos quedan e ten que haber continuadores. Temos a firme convicción de que os temos xa asentados. Ademais, se os xóvenes queren ter a oportunidade de ver algo novo que estivo moi arraigado e que foi fundamental na historia de Galicia e que representa o punto culminante do proceso do pan, se queren aproveitar para coñecer todo isto teñen unha ocasión inmellorable para velo e aprendelo en directo e para participar se quere. Sempre que veña con vontade e debidamente vestida, non hai ningún problema.

– Tendo en conta que fans a plantación, recollida… para esta festa, canto tempo lles leva preparar toda esta celebración tendo en conta todos estos procesos?

–Non o sei porque hai que ter en conta que estamos falando da sementeira de centeo e de trigo, de finais de febreiro. Logo hai que mondalo, coidalo, seguidamente vai o segado, a recollida do mollos, etc. Pero hai que engadirlle que nós tamén reproducimos a moenda tradicional cos dous muíños que temos no museo para os colexios ou calqueira que no lo pida. Tamén facemos o cocido tradiconal do pan en forno de leña, que contamos con dous, nas instalacións do museo, un externo e outro interno. Tendo en conta isto non podo dicir cantas horas lle adicamos pero podo asegurar que son moitas.

– Qué outras actividades realizaron ou teñen previstas ao longo de este ano?

–Este ano editamos un libro, a terceira edición do libro do Museo Casa do Patrón. Tuvemos un campo internacional de voluntariado onde fixeron actividades de ámbito etnográfico, arqueolóxico e da natureza. Tamén acollimos un seminario de patrimonio de paisaxe rural a cargo da Fundación Juana de Vega. Temos previstas 22 actividades relacionadas coa etnografía e a arqueoloxía de aquí ao 31 de outubro. Tamén faremos a recreación do proceso do liño que a realizaremos previsiblemente o 8 de outubro e ademais o acendido das luces de Nadal.

“A traxectoria da Malla é espectacular”

–Tamén se levan a cabo outras mallas como a de Silleda de hai uns días, en qué cree que se diferencian estas outras celebracións da que fan vostedes? –Eu non son o máis apropiado para opinar do que temos mellor ca outras mallas. Hai grandes mallas como a de Meira que é de Interese Turistíco de Galicia dende hai anos, hai outras como a de Silleda que empezou hai uns anos que tamén está moi ben. Se a comparo coa nosa, para min é moi completa, isto non quita que as demais non o sexan, porque ao final cada unha faino ao seu xeito e baixo os seus costumes. A nosa podo destacar que é unha das poucas que fai as cinco modalidades de malla históricas explicadas, unha exposición completa de máquinas, motores e aventadoras, entra máis cousas. Ademais tratamos de facer as recreacións o máis real posibles, axustadas a como eran orixinalmente. Outro punto destacable é que é a máis céntrica, por iso é máis fácil, ou debería selo para movilizar á xente de distintos puntos da comunidade. –Como un dos fundadores de esta festa, como considera que é a evolución dende a primeira edición ata a actualidade? –A traxectoria do museo e a da malla é espectacular. O museo ten 26 anos e a Malla 23, cando empezamos no ano 2000 era unha reunión de veciños, para nós e entre nós. Logo ampliouse á parroquia e na actualidade a toda Galicia. Fóronse ampliando as actividades, o campo, e non ten nada que ver esta Malla coa dos inicios, pero a filosofía é a mesma. Queremos ter un recordo especial, porque do grupo inicial, máis da metade xa non están vivos. Tamén é unha homenaxe aos nosos antepasados e á nosa historia. É un apoio explícito ás aldeas, á Galicia baleirada e xa que se fala dela pois imos apoiar a súa recuperación coa nosa presenza en eventos como este e no que faga falta.

Compartir el artículo

stats