Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

AO PÉ DO FARELO

O xogo dos despropósitos

Se non fora porque eu, de natural ben pensado e bonachón, sonche o máis parvo do mundo mundial, medalla de ouro no campionato do mundo de parvos que cren todo canto lle din sen pasar o que escoitan polo tapiz do análise critico e ver máis alá da punta do seu nariz, e polo tanto mo creo todo, cando mo meten polos ollos das televisións e xornais supostamente independentes e libres de tendencias e opinións, de tertulianos e expertos que saben, usan e abusan do que saben e nos bombardean con datos, datos e máis datos que avalan e apoian o que sae polas súas bocas sen bozal nin freo, imparciais din eles que son e independentes, imaxino que xa saben do que lles estou a falar, sen dúbida que si.

Pois nada, dígolles que se non fora polo que eu son, pensaría e mesmo atoparía argumentos de que os gobernos manipulan, teledirixen e controlan as nosas mentes, levándonos o seu antollo, dun ao outro lado, coma años dos que balan docemente nos montes cheos de lume.

Alguén recorda agora xa o tema do COVID? A viriase do mono?. Os prezos galopando libremente, a inflación, o perigo da deflación, o gas, a luz, os combustibles, os índices descontrolados do custe da vida e unha interminable lista de despropósitos e problemas?.

Alguén recorda agora estas novas máis que sospeitosas de que non hai man de obra cualificada ou non, enténdase: carpinteiros, fontaneiros, mesmo camareiros, condutores de camións, etc. Faltaban e faltan chips. Para mercar un coche hai que esperar algo máis de seis meses. Non hai médicos e a sanidade publica está saturada, denostrada e depreciada, cando hai pouco se lles rendía homenaxe ás oito cada tarde cun aplauso dende os balcóns das cidades, pero as notas de corte para estudiar medicina pasan dos 13 puntos.

Alguén recorda agora ter escoita sen descanso nos medios de comunicacións, as mensaxes dos políticos deste ou outro lado, sobre as mascarillas, os casos de corrupción, os negocios desbocados duns poucos en prexuízo de todos?.

Alguén recorda xa nada, do rescate bancario, das investigacións por mala xestión, ou corrupción, dos banqueiros e o mil millonario rescate?, un xuízo e outro con sentencias absolutorias para os investigados e imputados.

Alguén recorda algo dos lumes que ano tras ano asolan o país, sen que ninguén faga nada, nin tome ningún tipo de medida?

Alguén recorda a pertinaz seca, agora culpa do cambio climático que curiosamente hai ben pouco tempo os señores presidentes dos países mais importantes e potentes do planeta, negaban?

Alguén entende nada de nada do que estamos a vivir, e ver? Porque isto xa do aforro de enerxía baixando os termóstatos e apagando as luces dos comercios ó que se neguen algún que outro presidente de Comunidade autónoma, xa resulta o disparate dos disparates, e todos tan contentos, sumises e caladiños, que por algo e para algo somos os paganos.

Vivir para ver, e verás.

Compartir el artículo

stats