Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

RAFAEL mÉNDEZ GUERRA | Promotor de Agolada Rural

“O obxectivo é facer unha feira co fin de resucitar un pouco o rural ”

“Aínda que exista algunha onde o trato é máis persoal entre o vendedor e o comprador, xa existen cada vez menos”

Mendéz durante a presentación da poxa-feira de Agolada. | // BERNABÉ

Rafael Méndez Guerra (Agolada,1964) é un gandeiro que compaxina o seu traballo diario co seu posto en Correos e o seu rol concelleiro do grupo popular. Ademais é o responsable do colectivo Agolada Rural que organiza este mes unha poxa-feira de gando bovino.

–¿Canto tempo levan organizando esta poxa-feira que terá lugar mañá en Agolada?.

–Esta é a primeira despois de moitos anos que estivo paralizada o que é a Feira de Agolada. Hai que recordar que hai 35 ou 40 anos aquí teñen entrado 1.100 becerros. Os tempos foron cambiando e foi indo a menos ata que desapareceu. Haberá dez anos ou así que non hai prácticamente nada. Agora, Agolada Rural, e eu como organizador tratei de reinicialo outra vez o día 12. Solicitei permisos a Consellería e á Xefatura Provincial de Pontevedra, pero fíxeno tarde. Entón, decidín facer una poxa que máis ou menos sexa polo sistema que eu quero facer a venta, tomei a decisión de facela dunha granxa sola para que non houbera problemas, así non se depende da Xefatura Provincial de Pontevedra porque soamente hai vacas de unha ganadería.

–¿Cantos animais van estar na poxa deste venres?

–Van ir sobre 20 vacas. Tres ou catro becerras que terán entre dous e cinco meses, tamén oito ou nove novillas de entre sete e oito meses e tres ou catro paridas de primeiro parto. O que é unha feira normal e corriente, as vacas de vida que ían sempre.

– ¿Cales son as súas expectativas con esta feira?

–O obxectivo principal é facer unha feira nun espacio como Agolada ao que lle fan falta eventos, resucitar un pouco o rural, que está morrendo. É un evento no que a xente que queira vender unha res de vida que a poña a venda. Porque as vacas de mandar a matadeiro está Silleda ou Santiago pero deste tipo non hai. Ademais, Agolada está nun punto estratéxico. .

–¿Que opinión tén respecto aos cambios na venta do gando nos últimos anos?

–Aínda que exista algunha feira onde o trato é persoal entre o vendedor e o comprador, xa existen menos. Eu quero facer unha poxa silenciosa, onde, lle vou colgar un cartel a cada vaca indicando os datos de nacemento, de preñez, o leite que está dando e o prezo de saída. A vaca vai ter un número polo que se vai poxar por escrito e o vendedor terá a última palabra, se non lle convence terá dereito de reserva como é lóxico.

–Planteades que esta iniciativa se organice cada tres meses, ¿isto xa é algo confirmado ou esperana ver que acollida ten este evento?.

–En principio vamos seguir facendoas, outra cousa é que se desde a Xefatura Provincial de Pontevedra nos den os permisos que solicitemos agora para dentro de meses para que non haxa problemas. Queremos pegarlle tamén un pequeno cambio, en vez de ser sempre o 12, e que agora no mes de xullo e agosto ten un atractivo, pero no resto dos meses do ano, non ten sentido que sea un día doce, porque se cadra nun mércores coincide coa feira de Santiago e non ven nadie. Un dos motivos que queremos é cambiala para o domingo máis próximo a esa data. En resumidas contas queremos darlle un pouco de vida a Agolada.

Compartir el artículo

stats