Cataluña e Galicia, dúas terras separadas por centos de quilómetros pero con grandes sentimentos, ideas e incluso xente común. Os extremos pola cara norte de España tiveron, e seguen tendo, un importante historial de migración mutua, que trouxo a importantes empresarios cataláns a Galicia nunha época e que tamén levou a galegos a terras do este noutra. Coma di o refrán, podes atopar un galego ata na lúa, e os de Cataluña agrupáronse na Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegaltac) fai máis de 30 anos. Dende a Fegaltac fan distintas labores de recoñecemento ao galego e as persoas e proxectos que axudan a dinamizar e destacar a cultura galega dende distintos ámbitos.

A Estrada foi na mañá de onte a sede oficial da unión entre Galicia e Cataluña ao acoller a entrega dos Premios Alecrín no Teatro Principal, que se vestiu de gala par a ocasión. Esta cerimonia atende á xuntanza anual da federación en terras galegas. A ela asistiron diversas personalidades, coma o presidente do Parlamente de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o tenente de alcalde estradense, Juan Constenla; ou o ex-conselleiro Víctor Manuel Vázquez.

O acto, correspondente á décimocuarta edición desta xuntanza anual, comezou con palabras de agradecemento aos presentes tanto en galego coma en catalán e castelán por parte do presentador Xosé Carlos García. Entre os asistententes atopábanse diversos representantes de asociacións de defensa do galego e dos emigrados no exterior, coma foron os casos de Castellón, O Bierzo e , loxicamente, Cataluña. Antes de proceder coa entrega de premios tomaron a palabra distintas persoas con importancia directa na organización desta xuntanza. Marisol Pérez, secretaria da Fegalcat, leu a acta da reunión celebrada no Día das Letras Galegas en Barcelona, na que se realizaron as votacións de todos os gañadores. O presidente de Fegalcat, Domingo Balboa, agradeceu a asistencia aos presentes e a colaboración para facer este evento posible. Por último, Juan Constenla, que exerceu de anfitrión ante a ausencia do alcalde por motivos persoais, e agradeceu a elección da Estrada como sede para este encontro, así coma reivindicou o compromiso estradense cos nosos emigrados e recordou a importancia do extinto xornal local El Emigrado.

Ademais, durante as preto de dúas horas que durou o acto, houbo tempo para actuacións, na que destacou o baile realizado por Tequexetéldere. Membros do grupo tamén interpretarían con gaitas o himno galego como colofón á mañá. Os premiados tamén tiveron o seu espazo para dar un pequeno discurso, que cada un aproveitou para en menor ou maior medida resaltar a importancia da cultura galega, da unión dos pobos galegos e cataláns, ou mesmo a necesidade de aumentar o apoio que se recibe polas institucións. A literatura tamén tivo importancia neste evento coa entrega á saída do mesmo dun libro repartido por Fegalcat aos presentes.

Gran papel dos estradenses

Foron catorce os premiados, tanto a nivel persoal coma colectivo, dos que se destaca que ata catro dos trofeos ficaran en terras estradenses. O grupo Tequexetéldere recibiu o premio no apartado de música tradicional, pola súa labor de defensa e divulgación dunha peza básica na cultura histórica de Galicia. En canto ao apartado visual, o todoterreo humorista José Manuel Rodríguez Puente, Isi, tamén levou o seu recoñecemento. A Estrada tivo protagonismo na arte, ao ser galardoado Ramiro Cimadevila, polo seu gran traballo tanto en Galicia coma en Cataluña. A escritora local Rosalía Morlán tamén foi recoñecida na súa labor literaria. Pasando ao eixo empresarial, Construccións Bamarti recibiu tamén un premio pola súa aportación no campo empresarial galego, un premio que tamén recibiron distintas empresas da zona coma Ausama, Ausavil, Hermanos Villar e Enerlamela.

Máis aló dos premiados estradenses, houbo máis galardonados, tanto provintes de Galicia coma de Cataluña. Martín Fernández Vizoso, xornalista e escritor, foi premiado no eido da comunicación pola súa labor durante anos na visibilización dos emigrados dende unha perspectiva local. Nordesía Produccións levouse un trofeo pola súa labor na promoción cultural galega, ao igual que o programa didáctico da TVG, Dígocho Eu, foi premiado pola súa defensa do galego. No eido da música se recoñeceu a Benito Villar Fernández e na investigación a Jesús Manuel García Díaz. No eido empresarial catalán, recibiu o premio a empresa de publicidade Clean Channel.

Así mesmo, o Premio Alecrín da emigración foi para José Vila Alén, ex-presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, mentres que a variante destinada á zona do Bierzo foi para a empresa de alimentación Vallelongo. Tamén se aproveituou a ocasión para nomear a José Arés e a Eduardo Méndez coma socios de honra da Fegalcat.