Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Adrián Cao Ríos | ‘Tiktoker’

“Para vivir disto hai que ter millóns de seguidores, moi poucos o logran”

“Subir catro vídeos por día e con horarios programados pode chegar a cansar moito”

Adrián Cao, durante a súa estancia nunha casa de ‘tiktokers’.

Internet impera e as redes sociais acaparan o día a día de moitos. Por esta vía xorden novas personalidades, referentes e profesionais que adican a súa vida ao contido en redes sociais. TikTok é a día de hoxe unha auténtica revolución entre as redes sociais e a xuventude. Tamén o é entre os máis maiores, que gozan tanto subindo contido coma consumíndoo. Adrián Cao, ou rcao como se lle coñece en redes, é un mozo estradense de 21 anos que destaca particularmente nesta rede social, ao contar con case 350.000 seguidores e 8,9 millóns de “me gustas” nos seus vídeos.

–Como foron os seus inicios?

–Empecei de bromas cun amigo en clase. Subín un vídeo sobre un programa informático que se fixo viral e alcanzou millóns de visitas. A partir de aí comecei a subir máis vídeos paraaproveitar o éxito que estaba a ter.

–Tivo un ascenso de seguidores moi rápido?

–A verdade é que si. Eu empecei nisto en 2019, cando aínda non era una rede social tan popular e non entrara tanta xente a subir vídeos. A corentena foi un momento de crecemento brutal para Tiktok e eu xa chegara a ela con 100.000 seguidores, polo que partía en vantaxe.

–Ser importante en TikTok supón estar moi activo. É duro?

–No momento máis álxido chegaba a publicar catro vídeos a diario e con horarios programados en función do público, o que pode chegar a cansar moito, especialmente se ves que comezas a perder visualizacións ou seguidores.

–A imaxinación tamén é primordial. Como se idean tantos vídeos de forma consecutiva?

–Depende do tipo de vídeos que queiras facer, moita xente fai trends, que é repetir un vídeo xa popular en internet. Eu buscaba facer vídeos orixinais que seguisen un mesmo formato ou temática.

–Sabe de onde é o seu público?

–Si, temos estadísticas que nos din dende onde nos ven ou nos seguen. Eu tiven un impulso moi grande dende México en 2020, chegando a ser o 30% dos meus seguidores. A día de hoxe a influencia dos países latinos descendeu moito no meu públicoe preto do 80% dos meus seguidores son españois. É importante o funcionamento do algoritmo de Tiktok, porque favorece a proximidade.

Colaboracións con marcas e ingresos

–Como se poden obter ingresos en TikTok?

–A gran maioría vai a través de colaboracións con marcas. Eu teño unha axencia que se encarga de contactar con posibles marcas e consígueme acordo. Teño traballado con grandes marcas coma Pull & Bear ou Dulcesol, que adoitan enviar produtos a maiores de realizar un pago. Pero foron acordos esporádicos, para realmente vivir disto hai que ter millóns de seguidores, moi poucos o logran.

–A plataforma non paga?

–Practicamente nada, TikTok paga por cada millón de reproducións uns 10 euros. O importante son as marcas se queres obter ingresos.

–Nalgún momento pensou en adicarse a isto de forma profesional?

–Ao principio tomeino a broma, despois a raíz da pandemia cando tiven un maior crecemento e me empezaron a chegar propostas ou invitacións a algún evento pensei que tiña que aproveitar a oportunidade. Pero no último ano xa decidín tomalo coma unha afección, á que cada vez lle dedico menos tempo.

–Máis aló dos ingresos, a asistencia gratuíta a eventos tamén é unha forma de pago?

–Si. Eu fun a algún festival invitado a cambio de promocionalo. Ademais, en 2020 asistín a un proxecto de casa de tiktokers, onde fixemos vídeos todos xuntos durante unha semana e nos pagaron todo.

Compartir el artículo

stats