Este ano 2022 vai camiño de ser un dos máis secos dos últimos 100 anos, en base aos rexistros pluviométricos que temos.

O concello de Lalín tivo a gran sorte de ser a patria dun dos investigadores máis serios e honestos que ten habido na Historia de Galicia, o insigne D. Ramón Aller, quen recolleu importantes datos meteorolóxicos no seu Observatorio entre 1928 e 1939: temperaturas, precipitacións e presión atmosférica (algúns destes datos aínda sen estudiar).

Pois ben, consultando todos os datos existentes ata hoxe en día, observamos, asombrosamente, que o ano máis seco foi 1938, en plena Guerra Civil. Nese duro ano as precipitacións rexistradas foron 720,9 mm, un valor netamente inferior a todos cantos rexistros coñecemos. Decir que neste ano 1938 tivo lugar un acontecemento que asombrou a todos os habitantes da nosa comarca, a visión dunha “aurora boreal”, que moitas persoas consideraron como un funesto presaxio.

No período 1928-1939 o promedio de precipitacións foi de 1.072 mm, bastante inferior ao actual (1992-2022, conta cun rexistro medio de 1.343 mm). En consecuencia, as precipitacións destes últimos 30 anos son un 25% superiores ás da época de observación de D. Ramón Aller e iso, ainda que pareza sorprendente, é o que nos indican os datos científicos. Resulta lóxico que, no pasado, estiveran moi extendidas as costumes de contar coa axuda dos santos para que intercederan ante Deus para que chovera: clamor de Vilariño-Bermés, San Adrián en Bermés e incluso san Ramón (festividade a finais de agosto).Se comparamos os datos de 1938 cos de 2022 no sucedido nos sete meses que van de ano observamos:

Que entre xaneiro e xullo (inclusive) en 1938 as precipitacións foron 230,2 mm e en 2022 son 376,3 mm.

Que as referencias testemuñais que conservamos, en relación con 1938, son a ano vencido, é decir, unha vez coñecidos os resultados e na actualidade estamos a vivir unHa sequía nun determinado momento, a mediados do verán

Que o período actual é máis chuvioso co da época de D. Ramón Aller e iso hai que telo moi en conta.

Que as condicións ambientais hoxe en día son moito peores ca na época do astrónomo: inmensas plantacións de eucaliptos, trazado de autoestradas e vías ferreas (a vella e do AVE) que romperon os montes polo medio, proliferación de canteiras industriais, ocupación do espazo con grandes superficies estériles (poboacións, polígonos industrias, grandes e numerosas granxas), captación de numerosos manantiais para abastecemento, pozos de perforación a profundidades superiores a 70 metros, proliferación de incendios forestais, contaminación extensiva e intensiva de acuíferos (manantiais, pozos) e ríos, etc...

En resume:

Estamos a vivir unha época distinta á de D. Ramón Aller, pero o ano 2022 vai camiño de converterse nun preludio do que nos pode pasar cunha frecuencia, cada vez maior, no futuro. A auga, a imprescindible auga para a vida, é un ben cada vez máis preciado e con maior valor.