O Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade acolleu onte á tarde a tradicional recollida de centeo, o carrexo dos mollos e a feitura da meda deste cereal para a Malla Tracional de Lalín, que é unha festa de Interese Turístico de Galicia, que se celebra o vindeiro 22 de agosto. Nesta xornada participaron os membros do campo internacional de voluntariado Tradición en Verde, da man de Eduvía, xestión cultura e lecer, S.L, que foron recibidos o martes e puideron visitar as instalacións do museo. Esta actividade de recollida estaba aberta para todo o público, polo que calquera que quisera participar era ben acollido.