Contan os que saben moito máis ca min de tanto en vez, ca capacidade xenética do ser humano a adaptación é fundamental para a supervivencia da nosa raza, loitando contra fenómenos naturais, cataclismos e outros desastres que por certo case sempre sonche creados pola infinita estupidez e necidade dos homes, no seu egoísmo irracional. Miran o tema do cambio climático e as devastadoras consecuencias que trae para o planeta e seguimos coma se tal cousa. Esquecemos para poder continuar recordando porque o noso cerebelo é limitado e así ocorre coa nosa posibilidade de almacenar datos, vivencias, experiencias ou recordos. Somos como esa intelixencia artificial dos robots, de non sei cantos talibáns, con data de caducidade e obsolescencia programada.

Estamos a vivir una perigosa carreira cara ó inmediato, a comunicación en vivo e directo, mangoneando todo o que sucede ao segundo seguinte de pasar, con una impúdica e falla de sentido común, sorprendente. O que non se sube a rede non existe, semella o santa santorum destes absurdos días de vomitonas de influencers, instagrames e outras trangalladas e memeces dignas de figurar no ranking, de esa outra grande estupidez coma é o Libro Guinness dos Récords.

E como ben din o castizo refrán, de aqueles polvos estes lodos, velaí o día a día das coñecidas xa “fake news”, os bulos de sempre, vamos, pero subido a máxima potencia. As parvadas ao cubo, elevada ós altares dos descerebrados que cren canto lle din, a pé xuntillas, palabra de Deus, por imposible que resulte o chollo, eles o viron en youtube, ou está en tick tock e xa está.

Unha vez máis estamos a comprobar como aquel principio do maleficio de Goebels tiña moito de real: Unha mentira mil veces repetida, remata por se convertes nunha media verdade. Aceptamos o absurdo porque nolo meten polos ollos, como real, produto do merchandising desta sociedade consumista do consumo na que nos machucan os sentidos con mensaxes subliminares e propaganda, na que a verdade da información é o de menos. O cremos porque nos estamos a habituar a vivir coa maldade, a mentira, a avaricia, e a podremias espiritual dos poderosos que tan so pensan e senten en función das cifras das súas contas en paraísos fiscais.

Non sei quen foi o que dixo aquilo de: Unha sociedade que esquece os eu pasado, está condenada a repetilo. Pois ollo porque imos camiño dun mundo robotizado, insensible, sen espírito critica, nin capacidade de análises e o que aínda é peor, sen curiosidade nin desexos de saber e coñecer vivindo a aventura de vivir día a día, no que sobramos case que todos.

Velaí a televisión, os móbiles, as tablets, os portátiles para estar en todo momento conectados, perdón quixen dicir DES-CONECTADOS, o mundo feliz de Huxley pero non de ciencia ficción.

Que Deus nos pille confesados.