A Praza dos Gaiteiros de Soutelo de Montes conta agora cunha nova escultura en honor a Avelino Cachafeiro, autor da Muiñeira de Chantada ou da Alborada de Rosalía. Esta está talada en pedra, con forma de libro aberto, en cuxa páxina sobresae a forma dunha gaita, poñendo en valor tanto a faceta poética como a musical do protagonista da Festa do Gaiteiro. Esta actuación, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, encádrase dentro dun conxunto de actor conmemorativos que o Concello de Forcarei puxo en marcha ao longo deste ano, no que se compre medio século do pasamento deste persoeiro da cultura galega e de Terra de Montes.

Do mesmo xeito, o próximo 20 de agosto terá lugar a celebración da Festa do Gaiteiro de Soutelo, coa seguinte programación: ás 11.00 horas un pasacalles para dar paso á actuación da banda de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei de Tui (12.00 horas). A partir das 12.30 horas Anxo Angueira encargarase de dar o pregón da festa e a continuación realizarase una ofrenda floral. A sesión da mañá rematará cun xantar e unha ruada, ás 14.00 horas na carballeira do parque de Venezuela.

Pola tarde continúan as actuacións musicais. Ás 16.00 horas Os Abrentes estarán na carballeira do parque de Venezuela, dando paso ás 17.00 horas a Picadiscos Marifaltri. E ás 20.30 horas, fin de festa co concerto Abóbriga, na praza dos Gaiteiros.