Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vinte anos da viaxe ao Alén

Capitán Gosende celebra este sábado o seu aniversario cun roteiro ao Monte do Seixo

Calros Solla posa xunto a Portalén.

O tempo voa, ou como reza a famosa locución latina “tempus fugit”. Cómprense así vinte anos do nacemento do colectivo Capitán Gosende, alá polo 30 de xullo do 2002. Como celebración, este sábado 30 levarase a cabo un roteiro guiado polo Monte do Seixo, o enésimo organizado pola agrupación. O obxectivo non é mobilizar masas, senón dar a coñecer o incalculable valor arqueolóxico, lendario e natural da zona a todos aqueles que verdadeiramente queiran escoitar, co corazón baleiro, para se encher da maxia desta montaña.

Agora que se achega o medio século de historia, e nunca mellor dito, cómpre botar a vista atrás e analizar, pasado o tempo, as orixes deste ambicioso proxecto que sen axuda de ningún tipo por parte das Administracións, foi quen de deixar en herdanza ás xeracións presentes e futuras nada máis e nada menos que un patrimonio oral, místico e lendario de valor incalculable.

Cando se fala de Capitán Gosende, de maneira inalienable, fálase de Calros Solla; filólogo, escritor e etnógrafo pontevedrés que tomou a iniciativa de se aventurar nesta verea de recoller a mitoloxía da terra de Cerdedo. Neste senso, Solla lembra que “a maior parte das lendas que me contaban tiñan que ver co Monte do Seixo, todas levaban arriba. Daquela eu xa pensara que alí tiña que haber algo máis. Entón, o que fixen foi un porta a porta por todas as aldeas que están nas bisbarras da montaña. Como resultado, din cunha recolleita fantástica, trinta estacións míticas que se asociaban con lendas de tradición oral, aínda vivas por aqueles tempos”.

Así foi o comezo, nos anos de transición ao novo milecio, conversas con aqueles que gardaban na súa memoria o patrimonio oral da zona. Solla recoñece que a transmisión xeracional foi perdendo, e que o recopilado por aquel entón é máis extenso do que podería recollerse na actualidad.

Fixéronse roteiros, como o do Padre Sarmiento, quen o etnógrafo asegura é natural de Cerdedo. Emprendeuse unha tarefa de recopilación, preservación e divulgación das lendas e do patrimonio arquitéctonico que a día de hoxe serve como referente para moitos neste campo de estudo, según comenta Solla, “algúns máis agradecidos que outros”.

O Monte do Seixo, ou a Montaña Máxica, conta con numerosos achados, aparte da protagonista Portalén, que o converten nun auténtico museo natural da historia de Terra de Montes. Malia isto, a presenza do parque eólico, cun impacto innegable, puxo en risco a súa preservación ao levanter macro muíños a escasos metros destes tótems.

Capitán Gosende compre anos lembrando a todos aqueles que aportaron o seu grao de area a esta causa: os informantes, os expertos que quixeron colaborar, como xeógrafos e historiadores, os interesados que con máximo respecto seguiron os roteiros empapándose da historia deste monte, os amigos e os medios que axudaron a dar difusión. Todos eles fixeron posible, de maneira altruista, que a Montaña Máxica permaneza viva. Porque o progreso é hoxe, e mañá pode non ser, mais o monte sempre será o monte.

Compartir el artículo

stats