Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As celebracións da Virxe do Carme en Riobó e Esperante

En máis dun cento de igrexas e capelas espalladas pola bisbarra dezá hai imaxes máis ou menos antigas da Virxe do Carme

En Riobó saen en procesión a Virxe e o Santo Antonio. | // D.G.A.

Sen chegar ao fervor que suscita nas terras da beira do mar, aquí en Deza varias parroquias festexan a Virxe do Carme aínda que en ningunha é patroa, e mesmo algunhas atrasan ou adiantan a celebración. En mais dun centenar de igrexas e capelas da comarca hai imaxes mais ou menos antigas da Virxe do Carme, que saen en procesión acompañando aos santos patróns e nalgún tempo tiveron importantes celebracións e confrarías propias das que quedan documentos e testemuñas.

En Esperante saen dúas imaxes da Virxe do Carme. Daniel González Alén

Foi a Orde dos Carmelitas a que espallou a devoción e o culto desta representación da Nai de Deus por Deza e mesmo por Galicia á partir do século XVIII . Desa época son as imaxes mais antigas que atopamos nos retablos dezaos, e tamén as celebracións que se manteñen n algunhas parroquias de entre as que destacan a de A Xesta en Lalín e as de Salgueiros e Ponte Ledesma nas Cruces. Achegamos aquí as de Riobó en Rodeiro e Esperante en Agolada, dúas pequenas parroquias que tiveron festa esta fin de semana e coidamos que ben merecen unha publicación neste diario decano.

En Esperante a igrexa encheuse de devotos na misa solemne. Daniel González Alén

Logo duns anos sen celebración, os poucos veciños de Riobó tiveron festa a fin de semana, o sábado con musica e o domingo con só actos relixiosos. Na do sabado, logo de misa cantada polo párroco Alvito García Fente, houbo procesión co acompañamento da charanga Os Centellas, que ofreceron unha excelente interpretación da Salve Mariñeira, e despois actuaron na sesión vermú. Pola noite houbo verbena co trío Manhattan e o DJ Manu Chady, que agora orquestras quedan poucas.

A misa solemne na igrexa de Riobó. Daniel González Alén

A igrexa actual foi trasladada do lugar e algunhas pedras da antiga románica coma os rústicos tímpanos semicirculares das dúas portas, o arco triunfal e a pía bautismal, foron reutilizadas. Conserva dous sinxelos retablos neoclásicos, o principal, que preside o patrón San Miguel de nova factura e outro da Virxe do Carme, imaxe que xunto a do Santo Antonio, que sae na procesión, son as dúas mais antigas das que aqui existen, logo de que os ladróns as desbotaran nos roubos que fixeron neste templo anos atrás.

En Esperante, parroquia de Agolada que aínda conserva na igrexa barroca un interesante e inédito arco triunfal románico de hai case 1.000 anos, tiveron celebración relixiosa os dous dísemanaas da fin de semena e non faltou a música no campo da festa que arranxaron mesmo a pé do antigo do castro local. As misas oficiounas o párroco José García Pájaro, que leva tamén unha ducia de parroquias dezás, e nas procesións saíron dúas imaxes da Virxe do Carme, as maís novas, xa que a mais antiga permaneceu no seu fermoso retablo barroco do lateral do templo. O acompáñamento musical correu a cargo da charanga Kilometro O ao igual ca sesión vermú e terían o mesmo cometido o domingo e pola noite na verbena tocaron os do grupo Xemisen.

Para rematar sinalar que tamén houbo festas no Castro de Dozón, con dúas xornadas dedicadas a Virxe do Carme e a Santa Mariña en Zobra, Belelle e Graba, das que xa temos publicado reportaxes noutras ocasións.

Compartir el artículo

stats