Xaxán honra a San Bieito no remate dos seus festexos

Xaxán honra a San Bieito no remate dos seus festexos | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Xaxán honra a San Bieito no remate dos seus festexos | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

A parroquia lalinense de Xaxán celebrou onte a festa na honra de San Bieito, co que puxo fin a catro xornadas de celebración nas que tamén se conmemorou a San Cristovo. Os actos arrancaron con misas na capela dedicada ao santo, desde as nove da mañá ata a solemne do mediodía e a súa procesión polos arredores. O grupo de gaitas Os Xuncos puxo música tradicional á celebración relixiosa, que goza de gran predicamento na zona.

Tracking Pixel Contents