O alcalde felicita á comisión de festas e á Asociación O Lacón polo “éxito”

Fai fincapé no récord da cita gastronómica e nas novidades dun cartel para todos os públicos

REDACCIÓN

Silleda

O Concello de Silleda felicita á Comisión de Festas do Verán polo “éxito” das celebracións que se desenvolveron na vila entre o xoves e o domingo. En nome da veciñanza, o alcalde, Manuel Cuiña, destaca o traballo realizado polo grupo para lograr “unha das festas máis concorridas dos últimos anos, cun programa que contou con novidades e con actividades para todos os públicos”.

Así mesmo, o rexedor felicita á veciñanza de Silleda pola súa implicación e colaboración. Do mesmo xeito, a organización tamén quere agradecer públicamente o apoio dos silledenses e das empresas e negocios para a celebración do programa.

Cuiña fai fincapé na “intensa xornada” do venres coa XXII Festa do Lacón, á que asistiron 1.400 persoas, récord de asistencia; a cita gastronómica está organizada pola Asociación Cultural O Lacón. Unha das novidades foi o Vermú Mariachi do sábado, que tivo unha enorme acollida; nesa xornada tamén destaca o concerto das bandas de Silleda e Getafe (Madrid) e a multitudinaria verbena con Olympus e Festicultores.

“As festas foron un éxito, despois de dous anos sin celebrarse cun intenso programa que encheu as rúas da vila”, engade o alcalde, ao tempo que agradece a colaboración de todas as agrupacións locais e, en especial, o labor da comisión.

Tracking Pixel Contents