O noveno encontro Corazón de Artesanía pechou o domingo as súas portas nos Pendellos de Agolada despois dunha fin de semana na que volveu encher o recinto histórico artístico de orixe medieval. Un total de 6.000 persoas achegáronse durante os tres días do certame para contemplar o traballo de 57 profesionais da artesanía, que representaban 27 oficios diferentes, así como visitar os 31 expositores de productos gourmet. Deste xeito, segundo informan desde a Xunta, nas nove edicións celebradas ata a data, o encontro supera os 60.000 asistentes e consolídase como referente anual do sector en Galicia.