rubén jordedo vázquez nnficha persoal | Xerente de Pitagudín Avicultura Artesanal

“Agora mesmo a galiña piñeira ten máis saída que a de Mos en ventas”

“É unha pena que non haxa máis criadores e un veterinario como Diego Rois Losada”

Rubén Jordedo, xunto a algunhas galiñas piñeiras na súa granxa de Penagudín.   | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Rubén Jordedo, xunto a algunhas galiñas piñeiras na súa granxa de Penagudín. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / Ángel graña

Vila de cruces

En 2018 un grupo de criadores colleu as rendas da Asociación de Productores de Galiña Piñeira (Agalpi) para dar un impulso á raza e lograr que a estas galiñas con ascendencia salvaxe lles concedan o título de raza autóctona. Dende fai case que dous anos o cruceño Rubén Jordedo Vázquez rexenta con éxito a firma Pitagudín Avicultura Artesanal, que conta con exemplares de galiña piñeira pero tamén da raza de galiñas de Mos.

–Que foi o que lle fixo adicarse á cría de galiñas piñeiras?

–A verdade e que eu xa tiña na casa unhas poucas galiñas. Meu avó sempre traballou nun galiñero que había no poboado de Fontao e o certo e que aquí sempre houbo galiñas e animais. De cando en vez algunha persoa paraba e preguntaba se tiñamos ovos ou galiñas. Unha cousa levou a outra. Eu decidín un pouquiño aproveitar as instalacións de granxas que xa había e empezar coas galiñas.

–Hai das dúas razas, non si?

–Galiñas de Mos xa tiveramos pero a min as piñeiras gustábanme moito. De feito empecei a mercar piñerias a algún criador da zona e así foi como me fun facendo cun bloque de piñeiras. Foi pouco a pouco. Empecei con sete e agora teño en total sobre cen ou cento vinte. Fun un pouco probando.

–Adícase exclusivamente á criazana avícola na súa casa?

–Eu traballo nunha fábrica de queixos como actividade principal, lóxicamente. Ogalla a cría de galiñas dera para vivir pero non. Trátase dunha afección pero agora prácticamente todo o que sacamos o investimos. De feito, xa estamos preparando un centro de envasado propio para facelo nós aquí sen ter que desplazarnos a ningunha parte para sellalos e todo iso.

–Son poñedoras ou non as galiñas piñeiras que temos en Galicia?

–Non son moi poñedoras, non. O cálculo é dun ovo cada tres días máis ou menos. Tanto as piñeiras como as de Mos teñen postas moi parecidas. Nalgunha época igual che poñen un pouquiño maís unhas que outras pero andan ahí.

–Non debe ser doado entón facer negocio con elas?

–O problema de traballar con estas razas e que tes unha marxe moi pequena de beneficio. Ao final, ti estás limitado en cen galiñas. Cen galiñas poñéndoche un ovo cada tres días e moi difícil de facelo rentable. Como negocio para vivir, unha explotación artesanal é moi difícil. Ao final fas más labor de conservacion da raza que de beneficio propio. Estás facendo algo no que ti cres pero como venta de ovos non é algo que se poida chamar rentable.

–Aínda non está concedido o título de raza autóctona ás galiñas pitas. Outro problema engadido?

–Efectivamente. É outro punto no que se está pelexando dende a Asociación de Productores de Galicia Piñeira. A verdade é que fai todo o que pode porque asisten a feiras, facemos cursos e están traballando moi ben. Ao final, tampouco depende só deles porque a chave está no punto en que se atope a administración. O punto onde pillaron a galiña de Mos foi moi bo porque foi a primeira raza autóctona declarada e lle conviña un pouco a todos, tanto a criadores como a administración que se dera de alta.

–Que lle faría falta á piñeira para poder conseguilo tamén?

–Ogallá houbera un veterinario como topou Mos con Diego Rois Losada, que fixo a tese doutoral sobre esa raza. E despois os criadores estamos ahí, dándolle bombo ao tema, asistindo a certámenes por España adiante e a xente demanda moitísimo á piñeira. É unha pena que non haxa aínda máis criadores porque seguramente agora mesmo é unha raza que incluso ten máis saída que a de Mos en ventas.

–Cal é a razón dese tirón?

–Aínda que a galiña piñeira non sexa raza autóctona o tema de que a xente que se lle adica a ter galiñas, a raza piñeira gústalle moito. Por exemplo, estéticamente a galiña de Mos ten unhas características de ser boa poñedora y boa para carne. Falo dunha galiña con tres anos que está buenísima. Ao final, a galiña piñeira é unha galiña marrón pero que pode sair branca, aperdizada ou asalmonada. Ten un punto chamativo para telas no teu corral. A xente ten que valorar que estás pelexando para conseguir que sexa raza autóctona porque tampouco todo o mundo ten acceso ao rexistro para facerse cos textos para criar perfecto e demais. Ao final ti tes a túa galiña piñeira que te ten un pouquiño máis de ala vermella ou de ala oscura pero dache un pouco igual. Penso eu...

–A xente valora todas esas características da galiña piñeira?

–Claro. Date de conta que a de Mos está moito máis vista. É un pouquiño coma todo. Eu penso continuar con esta actividade porque gústame moito. O ano pasado foi moi bo para vendas. Millor incluso co que está sendo este porque agora a verdade é que caeron un pouquiño. Teño que recoñecer que coa pandemia a cousa foi moi ben. De feito, estaba pensando en sacar outra liña de galiñas poñedoras con outra etiqueta e manterlle con piñeira e con Mos ter dous grupos reproductores para que a xente poida mercar cun precio semellante ao da ducia de ovos de consumo para poder fomentar a raza.

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

Tracking Pixel Contents