O escandaloso vertedeiro de Campomarzo
Nin Concello nin Xunta se preocuparon por esixir a aplicación un plan de restauración medio ambiental e, por iso, as filtracións e lixiviados están a entrar no río Toxa de forma permanente

Parte inferior da canteira abandonada de Campomarzo, a carón do río Toxa. | // FOTOS: A.P. / Antonio Presas garcía
Antonio Presas garcía
Anécdota: No ano 1991 visitei a canteira de Campomarzo, onde se sacaba dunita-serpentina para empedrado de vías de comunicación (estradas, liñas de ferrocarril, pistas, etc.), acompañado dun profesor da USC, quen, alí mesmo, no propio lugar, díxome sorprendido: “¿Como é posible que se faga isto? ¿Como pode haber canteiras nestas condicións?”. Non esperaba tal pregunta e resposteille: “Aquí todo é posible, porque estamos nun país que non ten normas e se as ten nin se coñecen, nin se aplican, nin se fai ningún tipo de vixilancia. Aí mesmo, ao pé da canteira atópase o río Toxa, o da gran fervenza, e os estragos que se fixeron non teñen calificativos, porque todo se arrasou como se fora un estorbo para esta actividade á que califican “froito do progreso”. Aquí non se fan os traballos tendo en conta o coñecemento científico, senón polo seu interese e rentabilidade económica máxima, é dicir, estragando o que faga falta”. Resposta do profesor: “Pero iso non é unha resposta válida para xustificar esta actividade, que lle fai “doer a vista” a calquera persoa que teña un mínimo coñecemento da Natureza”.

Na parte alta acumúlase rocha triturada exposta aos arrastres das chuvias. / Antonio Presas garcía
Dentro dunha lóxica normal, resulta moi dificil de entender o que sucedeu na primera canteira de explotación industrial de Campomarzo, unha vez que a explotación sobrepasou certos umbrais técnicos, pero, tendo en conta o que sucede en todas as canteiras e minas de Galicia, nada nos pode estrañar nin sorprender. Pois ben, as cousas que mal empezan, mal seguen e mal ou peor terminan.

Os arrastres das precipitacións marchan pola ladeira cara oToxa. / Antonio Presas garcía
A finais da década dos 90 cesou a actividade extractiva na parte inferior da canteira e, de inmediato, os empresarios da construción presionaron ás autoridades políticas, coas que estaban moi ben sintonizados, para que habilitaran un espazo para vertido de residuos da construción e demolición de obras. Desa forma, converteron, por conveniencia propia, esta parte de Campomarzo (ano 2002) nun vertedeiro de refugallos diversos, ata tal punto que nese mesmo ano estiveron a punto de traer, para aquí, gran parte dos residuos contaminados do petroleiro Prestige, afundido diante da nosa costa (restos de fuel, guantes, roupas sucias dos traballadores voluntarios, redes, obxectos impregnados de chapapote, palas, ferramentas, etc.). Pensaban que esa era unha forma de resolver o gran problema da eliminación dos residuos do Prestige “petroleando o Campo de Marzo” pero, aínda que se gastaran sen saber como 200.000 euros, a crúa realidade era que a concavidade da canteira, a un nivel máis baixo ca canle do río Toxa, estaba sen impermeabilizar e así se deixou quedar. O proxecto de rexeneración dunha canteira empregando residuos seleccionados para o seu recheo era un conto chino, como a maioría dos contos que nos fixeron crer naquela época na que os empresarios de Deza tiñan todo o poder e un amparo institucional inimaxinable.

En sitios aplanados formánse charcas nas que se sedimentan lodos procedentes dos materiais lixiviados. / Antonio Presas garcía
Así que empezou a almacenaxe de diversos productos impropios neste lugar (todo tipo de restos de construción, madeiras, plásticos, cartóns, artefactos...) e case todo sen clasificar para abaratamento de costes e comodidade máxima das empresas. Non houbo control e, por iso, no ano 2011 un grave incendio, posiblemente, intencionado para reducir volumes de materiais acumulados, termina con parte destes desfeitos multiples, que viñan a quedar sepultados baixo capas de detritus.
O incendio habido, sancionado pola Administración cunha multa, contribuiu, xuntamente coa crise do sector da construción, ao abandono de actividades neste lugar (ano 2016). Pero se a fase de acumulación de refugallos foi nefasta para o medio ambiente, tamén sucede o mesmo co cese de actividades, porque aquí ninguén marcou as pautas e protocolos que se debían seguir. Nin o Concello de Silleda nin a Xunta de Galicia se preocuparon por esixir a aplicación dun plan de restauración medio ambiental e, por iso, as filtracións e lixiviados están a entrar no río Toxa de forma permanente. Cando teñen lugar fortes precipitacións non só chegan de forma inmediata os escoamentos ao río Toxa, senón tamén os arrastres do material acumulado nos arredores da canteira abandonada.
Hai que ter en conta que Campomarzo é un espazo practicamente inhabitado e inhabitable debido ás condicións do medio físico, causadas por uns afloramentos rochosos completamente distintos aos que temos no resto da comarca de Deza. Presenta unha vexetación pobre e empobrecida, afectada polo síndrome serpentínico, que marca unhas condicións moi especificas e limitantes para varias especies vexetais. “Neste terreo non podemos poñer invernadeiros porque as plantas non medran, a produción é moi baixa, por moito que se abone e se regue”, din os veciños. A capa de solo sobre o leito de rocha de serpentinita tende a ser delgada e pobre en calcio e outros nutrientes pero con abundantes elementos tóxicos para as plantas, tales como o cromo e o níquel.
En resumo, o vertedeiro inactivo de Campomarzo necesita unha urxente intervención e adopción de medidas para evitar que as arroiadas e infiltracións cheguen ao río Toxa e contaminen de forma case imperceptible as súas augas. A orixe deste tipo de contaminación foi debida á apertura de canteiras de forma descontrolada e sen adoptar unhas medidas preventivas mínimas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada