na latitude do deza
As razóns políticas e sociais para a captación en Pozo do Boi

Punto sinalado para capturar aguas no río Deza, augas arriba de Pozo do Boi. | // A.P. / CAPTACION AGUAS POZO DO BOI (VILATUXE)
Antonio Presas
Estas son algunhas das razóns que se manexan para xustificar desde un punto de vista sociopolítico a necesidade, calificada de imperiosa, de poñer en marcha unha nova captación de augas, para abastecemento de toda a poboación do termo municipal de Lalín, no río Deza, en Pozo do Boi (Vilatuxe).
No caso de Lalin ese aumento da demanda de auga de consumo doméstico, non está razonablemente xustificado porque non se corresponde cun aumento de poboación, nin de actividades económicas, nin cun aumento no número de fogares. En consecuencia ese aumento na demanda de auga habería que investigalo a fondo e saber cales son as causas reais do mesmo.
Na actualidade estase a impoñer a idea de que o consumo de auga debe racionalizarse, por ser un ben escaso, que non se renova como en tempos pasados, por causa da alteración dos ciclos hidrolóxicos. Logo decir que a necesidade do consumo de auga vai en aumento é un contrasentido teórico.
Novas solicitudes
As nosas autoridades afirman que os veciños de moitas aldeas reclaman abastecemento de auga potable nas súas vivendas: “aos veciños de aldea X... levásteslles a traída de auga e a nós non.... logo ¿é que son máis guapos ca nós?” ou “antes había auga bastante pero, agora, non quedan manantiais e os que quedan están contaminados... necesitamos auga da traída”.... etc...
Obriga legal
Os responsables da xestión municipal afirman que é un deber e unha obriga do concello proporcionarlles auga a todos os veciños que o demanden e como non existen manantiais libres, non queda máis remedio que aumentar a rede pública de distribución. “Ese aumento da rede resulta moi costoso, porque a auga está cada vez máis lonxe e traela é cada vez máis caro, pero non nos queda outro remedio”.
Necesario pra o rural
En opinión do goberno municipal o rural necesita os mesmos servizos ca o resto dos cidadáns, porque non se poden facer divisións. “A auga é un servizo básico e non queda outra opción máis que a de darlles a todos os mesmo servizos”.
O obxecto deste artigo non é discutir cada unha desas razóns, evidentes ou non evidentes desde o punto de vista sociopolítico, senon enumeralas como argumentos que se manexan para xustificar a referida captación. Non entramos, polo tanto en ningunha clase de debate, nin tan siquera en que son os posible autores/autoras ficticios ou reais de moitos dos razonamentos que figuran a continuación, razonamentos non sempre atribuibles a determinadas persoas.

Río Deza ao seu paso por merza o 1 de setembro de 2021. | // A.P. / Antonio Presas
Cada vez aumenta máis a demanda de auga de consumo doméstico

Río Deza ao seu paso por merza o 1 de setembro de 2021. | // A.P / Antonio Presas
Satisfacción das demandas
A xestión dos responsables municipais hai que medila pola posta en practica de medidas xustas e universales e subministrarlels auga potable ás aldeas que non a teñen é unha obriga de irrenunciable cumprimento. “Por lei estamos obrigados a subministrar auga aos que non a teñen e, tamén hai que ter en conta, que no rural precisan estes servizos básicos. Así que hai que sacar a auga de onde sexa”.
Criterios técnicos
A elección de Pozo do Boi como punto de captación é unha recomendación da Xunta de Galicia (Augas de Galicia). O Concello de Lalín presentou o problema ante a Xunta e marcou distintos posibles puntos de captación, entre os que se atopaban Pozo do Boi e a presa de A Trigueira, en Zobra. Na Xunta, logo de realizar un profundo e serio estudio de viabilidade consideraron que Pozo do Boi era a mellor alternativa, non só para o presente senon, tamén, con vista ás necesidades futuras. “Logo o concello de Lalín non é o responsable desa decisión de caracter técnico, porque ninguén mellor ca os técnicos nos pode ensinar e decir o que temos que facer”.
O mexillón de río
“Antes tamén había troitas nos ríos e todos estabamos contentos, pero non podemos ter todas as cousas. Non podemos ter troitas e estar sen auga nas casas ou sen terreos nos que botar os purines dos establos para ter herba para as vacas. Non podemos ter troitas e deixar aos veciños de Lalin sen auga, a xente é o primeiro e asi está disposto na Biblia cando Jahvé pon todo o creado a disposición do home. As troitas cómense e quedamos sen elas, pero o mexilón non se come e quedar sen el non tan grave. Quedan outros ríos e o mexilón non vai a desaparecer porque collamos unhas tazas de auga en Pozo do Boi”.
En conclusión: o que se propuxo como razonamento de caracter sociopolítico é rebatible con outros razonamentos do mesmo caracter, pero aquí, tan só, nos referimos a esa primeira parte, deixando tal debate para outra ocasión ou para protagonistas ficticios.
Suscríbete para seguir leyendo
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Aparecen decenas de libros desperdigados en una céntrica calle de Vigo: «Non o podo entender»
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- Localizado Óscar Freire, que abandonó de forma voluntaria su domicilio
- Sale a la luz el plan de David Rodríguez tras descubrir que el foco de la investigación se centra en él: «Contar muchas cosas de su pareja»