Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As comarcas berran “meigas fóra!”

Despois de dous anos volveron as cacharelas, as sardiñadas e a música á noite de San Xoán

Sardiñada nas inmediacións do Teatro Principal de A Estrada. | //BERNABÉ/JAVIER LALÍN

O solsticio de verán, o 21 de xuño, marca o paso á época estival, pero para moitos a verdadeira entrada nesta estación non se produce ata chegaren o 23, data na que se celebra o San Xoán, e se produce a noite máis máxica do ano. É por iso que hoxe si é oficial: é verán.

Así, as comarcas érguense hoxe cunha resaca mística, despois dunha noite de saltar cacharelas ao berro de “meigas fóra”, de sardiñas, churrasco, cánticos tradición. Pois o certo é que tras dous anos de parón forzoso por mor da pandemia, os veciños e veciñas da zona xa tiñan ganas de purificar as almas, como demostraron a alto número de eventos celebrados na pasada noite en honor a esta tradicional festividade.

En A Estrada, por exemplo, o protagonismo levárono tres celebracións. Por unha banda, a cacharela do casco urbano, organizada polo Concello, dentro do marco das festas do San Paio. A cita tivo lugar las inmediacións do Teatro Principal, onde se dispuxo unha carpa para albergar a imprescindible sardiñada, con seis mil unidades doadas gratuitamente polas peixerías das zona, ademais do polbeiro, e a actuación musical de Regatos. O evento comezou ás 22.00 horas, e ás 24.00 prendeuse o lumeiro para que os asistentes o puidesen saltar. Media hora máis tarde, a festa continuou da man de Baiuca, cun concerto na Praza do Concello. Mentres, o Areal de Berres tamén recuperou a celebración, con todos os ingredientes presentes no casco urbano, pero cunha diferencia, o rito emblemático desta festa para o acendido da cacharela. Tamén en Couso, a asociación A Praiña organizou a súa propia proposta para a data.

Por outra banda, en Lalín recuperouse a Cacharela de San Xoán, organizada pola asociación de veciños e veciñas da Cacharela. Primeiro, ás 12.30 horas, celebrouse unha misa no baixo de Lela, e xa pola noite tivo lugar a mítica cea, cun menú de 5 euros para o adultos e de 3 para os cativos menores de 12 anos. Os asistentes tamén contaron con música para animar a reunión, a cargo de Pachi Show. Cabe destacar que ademáis de sufragar os gastos do evento, os fondos recaudados nesta cea van destinados a ONGs locais. En total, onte había 498 inscritos para esta xuntanza.

Do mesmo xeito, en Silleda a Noite Máxica volveu ao Barrio das Baratas, con máis de 200 asistentes, cifra récord, sardiñada, queimada, conxuro, e sobre todo: moito baile.

Malia que estas eran as citas máis populares, a oferta para pasar a noite máis máxica do ano era extensa. En Agolada, por exemplo, o Concello organizou unha xornada festiva no entorno dos Pendellos. Así, a partir das 21.30 horas, os asistentes puideron desfrutar de sardiñada, torresmos, fogueira, e música da man do grupo tradicional Bico de Troula.

En xeral, parece que os habitantes das comarcas botaban de menos esta celebración, data inesquecible no calendario festivo galego.

Unha das mesas do barrrio lalinense da Cacharela. | // M.G.V.

Celebración no barrio silledense das Baratas. | // X.P.

Compartir el artículo

stats