Silleda publicou onte no BOP a convocatoria de selección de persoal para impartir a formación no programa Deza Circular. Esta iniciativa, que conta co apoio do concello veciño de Vila de Cruces, quere capacitar e orientar a persoas desempregadas no ámbito da economía forestal, e está cofinanciada pola Fundación Biodiversidad, polo Ministerio para la Transición Ecológica e polo Fondo Social Europeo.

As bases están dispoñibles na web municipal do Concello e no taboleiro da sede electrónica. Contratarase a dúas persoas como persoal laboral temporal, e crearase unha bolsa de emprego para os aspirantes que non sexan seleccionados, para cubrir futuras necesidades. Un dos docentes impartirá cursos de formación e o outro, como educador/a ambiental, será quen imparta as prácticas de Deza Recupera. As solicitudes deben presentarse durante cinco días, a contar dende hoxe. As sesións terán lugar en xullo.