Paseo das Sete Fontes de San Xoán
O Barrio das Baratas organiza mañá un roteiro para recoller herbas

Fonte de Abaixo. | // FOTOS: ESTEFANÍA FERNÁNDEZ / xOSÉ fILLOY gONZÁLEZ
xOSÉ fILLOY gONZÁLEZ
No Barrio das Baratas de Silleda queremos dar un paso máis este ano na celebración da nosa Noite Máxica de San Xoán. Por iso decidimos que para a preparación da auga coas herbas de San Xoán, o cacho, imos convidar á nosa veciñanza e a todos aqueles que queiran sumarse a que veñan connosco e recollan a auga eles mesmos... pero non dunha soa fonte, senón de sete, como mandan os cánones.

Fonte do Foxo. / xOSÉ fILLOY gONZÁLEZ
Con este motivo preparamos un roteiro ao que chamamos Paseo das Sete Fontes de San Xoán, que ao longo de 7,5 quilómetros percorre sete fontes de varios lugares da parroquia de Silleda. O paseo comeza no “campiño da Sindical”, lugar tradicional da fogueira das Baratas, e de alí parte cara a Fonte de Abaixo, no mesmo centro urbano. A partir de aí visitaranse as fontes do Foxo, Toxa, Toiriz, As Pedrosas e, finalmente, a Fonte do Campo, no barrio silledense do mesmo nome. O percorrido remata de novo no “campiño da Sindical”, a carón da Praza de Benito Rivas.

Lavadoiro do Foxo. / xOSÉ fILLOY gONZÁLEZ
Para podérmonos centrar na preparación da fogueira e da festa na véspera de San Xoán, faremos o noso “paseo en busca da auga” un día antes, no serán do mércores 22. Todos aqueles que queiran unirse a nós poderán facelo no propio lugar da fogueira ás 20:30 horas, sen esquecer traer con eles unha botelliña de un litro para recoller a auga das sete fontes e algunha bolsiña de tea para, xa de paso, apañarmos algunhas das herbas que usaremos no noso cacho de San Xoán.

Fonte de Toxa. / xOSÉ fILLOY gONZÁLEZ

Fonte de Toiriz. / xOSÉ fILLOY gONZÁLEZ
A mestura débese deixar macerar ao orballo e baixo a luz da lúa durante toda a noite para, á mañá seguinte, lavar a cara con esta auga nas primeiras horas do día. A tradición di que, unha vez feito, a persoa que fixo o lavado estará protexida durante todo o ano e mesmo terá unha pel máis rexuvenecida e libre de enfermidades.

Fonte das Pedrosas. / xOSÉ fILLOY gONZÁLEZ
A duración estimada do camiño será de entre 90 e 120 minutos e, a pesar de ter algúns tramos de subida constante e pequenos traxectos por estrada, está indicado para familias con nenos acostumados a camiñar, aínda que non para crianzas pequenas ou carriños de bebé.

Fonte do Campo. / xOSÉ fILLOY gONZÁLEZ
O percorrido, incluíndo a ubicación das sete fontes, pódese consultar no seguinte enlace de Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/paseo-das-7-fontes-de-san-xoan-as-baratas-silleda-2022-105919438.
- Localizan en un albergue de A Coruña a la mujer que se buscaba desde ayer por mar y aire en Rande
- Se busca por mar y aire a una mujer que se arrojó al agua en Rande
- Una okupación eterna: «Es inhumano»
- Los trabajadores gallegos que rechazan un empleo por su «insuficiente salario» se reducen a la mitad en dos años
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- De antiguo complejo textil a ser el hotel con más encanto de Galicia: un paraíso 'escondido' a cuarenta minutos de Vigo
- El Celta negocia con seis artistas para los conciertos en Balaídos de este verano
- El furor por el Ozempic para adelgazar vacía las farmacias y los gallegos lo buscan en Portugal