A asociación Fillos e Amigos da Estrada celebrou onte a súa xuntanza anual previa ás Festas de San Paio, un acto que contou coa participación dunhas trinta persoas e que arrancou, como é tradición, nos xardíns municipais. Alí tivo lugar un recordo para os que xa non están pero tamén verbas de agradecemento para as persoas que sosteñen esta tradición e para todos aqueles que manteñen vivo o estradensismo que sempre defendeu esa entidade. Despois do encontro na praza do Concello, os asistentes dirixíronse aos xardíns, diante do monolito adicado a Marcial Valladares, onde houbo palabras de recordo para Alfonso Varela Durán, José Porto Matalobos (Pepe) e José Ramos Durán (Cholín), entre outros. Para finalizar, realizouse unha ofrenda floral ante o monolito para despois asistir á misa na igrexa parroquial de San Paio.

A Asociación Fillos e Amigos da Estrada celebra a súa xuntanza anual