Representantes dos equipos de dinamización lingüística dos dez centros educativos estradenses e o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentaron la mañá de onte a programación da novena edición da Festa das Palabras,. Este vento vaise celebrar no Teatro Principal da Estrada o vindeiro 25 de maio.

A Festa das Palabras comezará ás 20.30 horas no Teatro Principal coa intervención da madriña elixida para este ano, a escritora galega de literatura infantil Rosalía Morlán. A continuación terá lugar a entrega de premios do IX concurso de micropoemas e microrrelatos, organizado polos equipos de dinamización lingüística dos centros. Nesta ocasión, os alumnosdecidiron no primeiro trimestre entre os títulos das obras do escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas del 2022, Florencio Delgado Gurriarán, que os microrrelatos deberían conter a palabra “Loita” e os micropoemas a palabra “Infinda”.

Xunto co premio, os gañadores recibirán un libro conmemorativo da edición cos 62 textos que resultaron premiados e con 14 ilustracións realizadas polo alumnado dos sete centros de educación infantil da Estrada. Este libro conta con ilustración da estradense Rosa de Cabanas. Ademais, o acto contará co acompañamento musical da agrupación Favorita.

Durante a presentación, a coordinadora local dos equipos de dinamización lingüística Dinamizaestrada, María Tato, agradeceu a colaboración do Concello da Estrada e sinalou a importancia de continuar con esta celebración para dar “un pasiño máis cara ese futuro esperanzador en que o galego sexa falado en todos os ámbitos”.

Implicación dos centros

Na súa intervención, Juan Constenla agradeceu a implicación de toda a comunidade educativa da vila neste proxecto que busca promover o uso da lingua galega entre a mocidade e que supón o peche ao traballo desenvolto nas aulas durante todo o curso escolar.

Volta ao formato habitual cun Teatro Principal cheo

Dende os equipos de dinamización lingüística dos centros estradenses agradeceron o feito de que a Festa das Palabras poida volver este ano ao seu formato habitual, celebrando una auténtica “festa”, cun Teatro Principal cheo despois de dous anos condicionados polas restriccións. A presentación e condución deste acto correrá a cargo de Cristian Rivadabia e Inés López, alumnos do IES Losada Diéguez. Os centros tamén agradeceron o apoio do Concello nesta iniciativa e, especialmente, dos nenos que se implicaron unha vez máis ao cen por cen.