Os alumnos de segundo da ESO do IES Laxeiro de Lalín viviron onte unha experiencia diferente coa organización dunha actividade adicada a coñecer diversos xogos populares galegos. As clases foron impartidas por Luchi Iglesias “Paporrubio”. Esta actividade foi promovida polo equipo de normalización lingüística do centro escolar lalinense e polo 21 Century Skills throught Tradicional outdoor Games, unha sección do Erasmus Plus.