Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Día das Letras Galegas y As comarcas festexan o 17-M con música e contos

Unha xornada para servir de exemplo nas outras 364

A choiva merma a afluencia, pero non impide a celebración dos eventos en lembranza do poeta Florencio Delgado Gurriarán

Lalín trasladou o seu Serán das Letras á Carpa do Campo da Feira. BERNABE

“Mil primaveras máis” é un discurso que deu Álvaro Cunqueiro durante unha homenaxe en Vigo en 1980, e no que pide unha longa vida para o idioma galego. E como en toda primavera, a xornada de onte tivo episodios de chuvia que desluciron (ou incluso aprazaron, como no caso da andaina musical da Banda de Agolada) os eventos programados neste 17-M. Iso si, quedou claro que o compromiso das comarcas co idioma e coa literatura galega é, polo menos, para outras 1.000 primaveras.

Poema nun dos lavadoiros da Ruta da Auga de Parada. Cedida

Serán en Lalín

A capital do Deza xa anunciara que o Serán das Letras non ía ser no fernoso enclave da carballeira do Rodo, debido ao mal tempo, senón na carpa do Campo da Feira. Pola mañá, Carlos Quintá e Xisco Feijóo impartiron un obradoiro de técnica de castañetas no baile tradicional galego. Trala sesión vermú con Os d’Abaixo, tivo lugar un xantar popular. Xa a media tarde, Celso Fernández Sanmartín foi o encargado de presentar as seis actuacións de grupos de música e baile tradicional: Ailola de Lalín; Ponte da Prata de Botos; Os Trasnos de Doade; Os Dezas de Moneiras; a Asociación Grupo de Gaitas Repenicando e Carballo da Manteiga.

Bardo Abelardo, na sesión de contos de Rodeiro. Bernabé

Auga e obradoiro en Silleda

A biblioteca municipal alberga desde hai días unha exposición sobre o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Por outra banda, hoxe, e dentro da programación do 17-M, tamén na biblioteca municipal, que agora está instalada na Casa da Xuventude, terá lugar un obradoiro de confección de libros, destinados aos estudantes de Primaria e que coordina Estefanía Padullés. Comeza ás 17.30 horas. Temos que lembrar que dende o pasado venres, a mocidade empadroada en Silleda pode retirar tazas coa cara estampada do escritor do Córgomo. Xa fóra da programación municipal, a Ruta da Auga de Parada amaneceu onte cos seus tres lavadoiros e as súas seis fontes adornados con poemas en galego.Sen dúbida, era un motivo máis para facer este percorrido por unha paisaxe arquitectónica e natural tan singular como ben recuperada.

Susana Seivane e José López despois de realizar a ofrenda floral no monolito en honor ós Valladares. Bieito Baliño

Bolsas en Vila de Cruces

Silleda optou polas tazas e Vila de Cruces, polas bolsas reutilizables coa cara de Delgado Gurriarán impresa. Os concelleiros Mireya Otero e Julio López distribuiron 1.300 unidades entre os negocios do municipio, para que estes as entregasen aos clientes que realizaran compras. Da mesma maneira, o goberno local repartiu máis de 500 gardamanteis de papel entre a hostalería, nos que tamén lucía a imaxe do escritor valdeorrés.

Contos e cantos en Rodeiro

O centro cultural Manuel Lamazares foi o escenario da sesión de contos e cantos a cargo de Bardo Abelardo, baixo o nome de Contos e cantos que coidan da terra. Ademais, este inmoble ofrece unha exposición de carteis nos que se recolle a biografía e parte da producción poética de Delgado Gurriarán.

Susana Seivane interpretando unha peza ó lado de dous membros da Banda de Barbude. | Bieito Baliño

Agolada, sen andaina

Como dicíamos, a V Andaina Musical que tiña prevista para onte a Banda de Música Municipal de Agolada foi suspendida polo mal tempo. Incluía actuacións musicais e paradas en enclaves como A Feira Nova ou A Eirexe. Agolada xa acollera o domingo, con motivo do Día das Letras, o concerto de Os Corbantes de Buchabade. Onte, a iniciativa de Ángel Utrera, colaborador de FARO, houbo unha biblioteca aberta nun dos Pendellos.

Música en Dozón

O Concello organiza distintas actividades co CEIP Pío Cabanillas para difundir a figura de Florencio Delgado Gurriarán entre a xente máis nova. O venres xa houbo unha sesión de contos e outra de maxia. As actividades voltarán o vindeiro luns, día 23, titulado De Valdeorras a México, Terra a Nosa. Será unha narración sobre a biografía do autor de Bebedeira, alternada con interpretacións de distintas pezas musicais e creación dunha ilustración.

Susana Seivane na Estrada

A gaiteira Susana Seivane foi a encargada de dar o pregón na Estrada. Nun principio, e como é habitual, estaba previsto celebrar o acto na alameda, pero o mal tempo provocou que finalmente tivera que realizarse no Teatro Principal. A gala, que foi presentada polo técnico de Cultura Xosé Lueiro, arrancou cunha peza interpretada pola Banda de Gaitas de Barbude. Despois da primeira actuación da agrupación estradense, Lueiro emitiu un discurso exaltando a figura de Florencio Delgado Gurriarán, do que describiu como un “Robinson que soñou a Galicia que desexaba para os seus netos” dende o seu exilio mexicano.

"Defensora da lingua e do empoderamento da muller"

decoration

Tralo breve resumo sobre a figura deste abogado e poeta, Lueiro presentou á pregoeira. O condutor do acto calificou á música galega como unha “renovadora do folclore” propio, que “fai da gaita unha arma de contrución masiva”. Susana emitiu un discurso que reivindicou o seu pasado emigrante, pois naceu e viviu os seus primeiros anos en Barcelona. Seivane falou da súa infancia nun contexto catalán, causante de que, dende pequena, puxera en valor a lingua galega. Ó rematar o pregón, Seivane interpretou unha fermosa peza musical tradicional, xunto a dous membros da Banda de Gaitas de Barbude. Despois desta actuación, falou o alcalde da Estrada, José López Campos. O rexidor municipal agradeceulle á pregoeira a súa presenza no acto, e calificou a Seivane como un “importante baluarte da nosa cultura popular” e unha “gran defensora da lingua e do empoderamento da muller”, aspectos que López considerou innegociables para a sociedade actual.

O alcalde non deixou pasar a oportunidade de reclamar o Día das Letras Galegas para o estradense Manuel García Barros, e aproveitou para exaltar outras figuras históricas, importantes na Estrada, como Avelina e Marcial Valladares, Xosé Manuel Cabada Vázquez, Manuel Daniel Varela Buxán ou Manuel Reimóndez Portela. Como broche final da mañá, José López e Susana Seivane realizaron unha ofrenda floral no monolito adicado ós irmáns Valladares.

Compartir el artículo

stats