O PP de Agolada sae ao paso das críticas do alcalde, Luis Calvo, pola presunta intención da nova directiva popular de saír nas fotos da presentación da feira Corazón da Artesanía. A nova presidenta do partido, Carmen Seijas, asegura que a presenza dos seus compañeiros se limitou a apoiar unha feira “que é o evento máis importnate do ano para Agolada”. De paso, recoméndalle ao rexedor que se poña a traballar para recuperar os pendellos e evitar que haxa desprendementos que poñan en perigo a seguridade de artesáns e visitantes. Seijas, que ofrece a colaboración do seu partido para colaborar na Mostra de Artesanía de agosto, pídelle a Calvo que se vai ir aos xulgados para denunciar ao PP por falar cos veciños, “que aproveite para arranxar os problemas cos proveedores que reclaman o cobro dos seus servizos; que indique cándo vai cumplir a sentenza polo despido improcedente do exaparelleados e, se quere, que se denuncie a si mesmo por regalar madeira pública a un madeireiro, como el mesmo recoñeceu nun pleno”.