A autora Llerena Perozo Porteiro presentou onte na biblioteca municipal de Silleda a súa novela Pérez, historia dun triunfo. Trátase da ópera prima narrativa dunha persoa afincada na localidade trasdezá co seu proxecto agrocultural A Gargalleira. Estivo acompañadaneste acto pola concelleira Mónica González e por Cristina González, de Amarelas Sociedade Cooperativa.
