Os Xenerais da Ulla aparcan os cabalos e soben ao escenario
As comarcas viven unha animada xornada de Entroido na que destacou a concurrida gala organizada no Principal da Estrada

Xente disfrazada en Lalín.jpg / Bernabé/Javier Lalín
L.Docampo/S. Soutelo
Case sen tempo de recuperarse da multitudinaria e animada festa que se viviu o sábado pola noite, A Estrada organizou onte unha celebración de Entroido máis oficiosa e gran parte encorsetada pola situación sanitaria. Os Xenerais do Ulla volveron realizar os seus atranques na vila despois de dous anos pero tivérono que facer dentro do Teatro Principal e sen a participación por suposto dos seus cabalos. A proposta, aínda que afastada da poderosa imaxe habitual para esta celebración, contou cunha gran resposta dos veciños, que encheron o principal para asistir a unha gala que terá mañá unha segunda edición no mesmo escenario a partir das 18.00 horas.
Concurso de disfraces
Os Xenerais do Ulla non foron os únicos protagonistas nesta Gala do Entroido. O Padre Xiao foi un ano máis o encargado de dar o pregón do Entroido. Axé Abahía Batucada e Lume na Lareira puxeron a música xunto ás dúas únicas comparsas que se animaron a participar este ano, a da parroquia de San Miguel de Castro e a do colexio de Figueiroa. O televisivo Isi foi o encargado de exercer como presentador.
Sen saír da Estrada cabe destacar o concurso de disfraces organizado pola asociación de hostaleiros na xornada do sábado, cuns gañadores non se coñeceron ata a madrugada. Houbo moitos participantes pero poucos cumpriron coas normas marcadas pola organización, polo que varias categorías quedaron desertas.
Na tarde de onte tamén se organizaron festas de Entroido tanto en Forcarei coma en Cerdedo, en ambos casos orientadas aos máis cativos e con moita participación.
Tanxugueiras e superheroes na Agolada
En terras de Deza, Agolada recuperou o seu Entroido tras dous anos de suspenso, cun concurrido desfile polas rúas do casco urbano. A comitiva saiu do CEIP, nun animado percorrido coa música da charanga Leña Verde como banda sonora. Ao seu remate, na Praza do Concello, déronse a coñecer os gañadores do concurso de disfraces. Houbo nove galardoados: uUn grupo de Melide, caracterizados como As Tanxugueiras e que ofreceron incluso unha actuación (iso si, en playblack), foi o que gañou o primeiro premio, 300 euros, mentres que o segundo correspondeu a un grupo de nenos de curta idade caracterizados como superheroes. Lavarán 150 euros. OS Picapiedra, como terceriros, recibiron 100 euros, mentres que Os Mimos levaron 60 e O Menús, 50. As lagartixas, séotimos clasificados, tamén percibieron 50, e con 30 foron gratificadas as parellas de A Pulpeira e o pulpo e Os vikingos.. Agolada volverá celebrar estas datas mañá martes, coa festa infantil Bicos de Entroido. Terá lugar de 16.00 a 19.00 horas e contará con doces, chocolatada e tamén concurso de disfraces.
No concello veciño de Lalín, onte o programa ofreceu animación de rúa con Cabezudos. Hoxe luns, ás 12.00 horas terá lugar o Espectáculo Funky Party e ás 18.00 horas actúa a charanga Os Verbeneros. Segue activo o concurso virtual, na páxina de Facebook do Concello de Lalín. E sen sair do Deza, na parroquia trasdezá de Ponte os seus veciños festexaron o Entroido con xogos populares e doces típicos.
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Aparecen decenas de libros desperdigados en una céntrica calle de Vigo: «Non o podo entender»
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- Localizado Óscar Freire, que abandonó de forma voluntaria su domicilio
- Sale a la luz el plan de David Rodríguez tras descubrir que el foco de la investigación se centra en él: «Contar muchas cosas de su pareja»