Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Silvia lópez gómez nnficha persoal | Doutora en Pedagoxía

“Os videoxogos son unhas ferramentas moi importantes na aprendizaxe”

“Penso que é moi inxusto demonizalos porque existen moitos xéneros distintos”

Silvia López na chara de onte no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

O grupo de traballo de profesorado sobre hábitos saudábeis, novas tecnoloxías e comunicación do IES Marco do Camballón organizou onte una charla protagonizada pola pedagoga Silvia López Gómez. A ponente comenza en 2014 a súa carreira como investigadora e no curso 2018-19 inicia a súa etapa como docente universitaria. Actualmente exerce como profesora interina na Facultade de Formación do Profesorado da USC no campus de Lugo. Falou sobre videoxogos e educación.

–Coñecen pais e profesores ferramentas como os videoxogos no eido do ensino.

–Este tipo de charlas son básicas e fundamentais para pais e profesores para que se deixe tamén de demonizar os videoxogos. Penso que tampouco é xusto para os que somos xogadores cando as investigacións ademáis aparte falan de que son atractivos como calqueira outra actividade e son moi beneficiosos para educación, para o aprendizaxe e como calquer outro xogo viñeron para quedarse. Na sesión falamos da importancia do xogo para a vida das persoas porque o xogo é unha das principais actividades infantís é necesario para o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, emocional e social. Despois, tamén coñecimos que son os videoxogos e que tipos e xéneros hai na actualidade.

–Hai pouca información na rúa sobre a utilización pedagóxica dos videoxogos, non sí?

–Jesús Rodríguez, que foi o meu director de tese, e máis eu estamos facendo esforzos un pouco para dar a coñecer tamén estes beneficios e estas experiencias pedagóxicas a través dos videoxogos. De feito, recentemenete coordinamos conxuntant un libro sobre o tema que está pensado para familias, profesorado e incluso para empresas. Son experiencias interesantes e moi importantes. Recentemente, no mes do outubro, organizamos un congreso sobre o tema. O que pasa é que parece que na sociedade actual semella que interesan máis os aspectos problemáticos dos videoxogos e similares.

–Qué lle parece que algúns pais non estén dacordo con que aos seus fillos lles aprendan facendo uso de videoxogos?

–Cada situación familiar é distinta. Hai xente que queren que as tecnoloxías estén afastadas do fogar ata que os nenos teñan 12 ou 13 anos, outros con dous meses igual xa están dando de xantar ao neno co móvil na man e así. A algúns lles pode gustar os videoxogos pero outros prefiren xogar ao balón ou ler un libro. Cada familia é un mundo e ahí é un pouco complicado.

–O pantasma da adicción non dificulta que a sociedade teña reticencia a que os videoxogos señan ferramentas fiables no ensino?

–O risco sempre está presente. Evidentemente, cos videoxogos aprendes un montón de cousas e adquires moitas habilidades pero tamén cun tempo prudencial. Non hai que utilizalos durante moito tempo porque non é o mesmo estar diante dunha televisión que facelo diante dun videoxogo. Tampouco é bon poñer a nenos moi pequenos diante dunha pantalla.

–Nesto tamén hai fendas entre o rural e as cidades?

–Penso que o único problema pode estar no tema do acceso ás redes pero, por exemplo, podo contarche que miña nai xoga todas as noites na súa tablet e estamos falando dunha señora de 64 anos. Incluso na parada de bus pódense ver señores e señoras maiores co teléfono con algunha aplicación. Iso son videoxogos! O que pasa é que se asocia o videoxogo a rapaces, varóns e adolescentes cunha Playstation 4 ou 5. Por iso falaba antes da importancia de coñecer os diferentes xéneros dos videoxogos.

–Supoño que a reacción da xenta maior cun videoxogo non ten nada que ver cos adolescentes.

–Eu, fai tempo, facía obradoiros e levaba videoxogos para que xogaran as persoas maiores como pais e nais que nunca antes xogaran con eles. Teño que recoñecer que foi unha experiencia maravillosa porque ao final comprenderon porqué son tan divertidos. Tiñas que ver que ben o pasaban homes e mulleres que na súa vida tiveran diante un videoxogo educativo.

Compartir el artículo

stats