A eternidade de Rosalía
A Estrada homenaxea un ano máis á poeta no seu día cun vídeo de ritmos modernos e danzas urbanas

Imaxe do equipo que traballou na creación do vídeo homenaxe a Rosalía. | / Lois Docampo
Un ano máis, e xa van alá sete consecutivos, o departamento de Cultura do Concello da Estrada e o realizador estradense Lucas Terceiro uníronse para homenaxear á poetisa galega Rosalía de Castro no seu día. Moi lonxe queda xa aquela primeira edición, na que buscaron a axuda dos amigos para facer aquela emotiva versión do poema “A xustiza pola man”. Dende aquel estreo ata hoxe, Rosalía pasou polos colexios estradenses, viaxou da man dos veciños do pobo que andan repartidos polo mundo adiante, honrou aos sanitarios durante os peores momentos da pandemia e cedeu os seus versos para que os músicos locais os espallasen por toda a vila.
Este ano sen embargo tocou dar un paso máis nunha homenaxe que sempre busca innovar. “Estes traballos xa son unha tradición”, recoñece Lucas Terceiro, quen na noite do pasado mércores presentou este vídeo no Teatro Principal no marco do recitado de poemas de Rosalía por parte de escolares estradenses. O realizador explica que este proceso creativo xúntao cada ano cos técnicos de Cultura, Xosé Lueiro e Kike Vázquez. Normalmente faise un par de meses antes, pero nesta ocasión o proceso comezou antes.
“Quixemos darlle frescura, apostando por un estilo funk dos anos 70 e 80 que cada vez se escoita máis”, recorda. Para levar a cabo o seu proxecto deste ano contaron coa colaboración do músicos DJ Mil, que puxo a base da canción; e de Carlos Torres “Charliño Darko” e Andrea Porto de A banda da loba, encargados de poñer voz aos versos de Rosalía. Á iniciativa uniuse a asociación Vella Escola de cultura urbana, con recoñecidos bailaríns de danzas urbanas, ademais de Xiana Vilas e Sabela Gauranga, de danza contemporánea. Durante dous meses, graváronse as imaxes do vídeo en localizacións da Estrada como o Pazo de Oca, a praia fluvial, o Areal de Berres, a praza do Concello, o colexio Pérez Viondi, o curro de Sabucedo, a capela da Grela en Codeseda ou a ponte de Pontevea.
A unión de todos estes elementos multidisciplinares acadou unha homenaxe diferente, na que os versos de Rosalía continúan a relucir máis alá da época na que foron creados. “Desde o principio vimos que todas las pezas funcionaban por separado pero ao unilas vimos que tamén funcionaban como conxunto”, explica Terceiro. “Isto mostra a transversalidade da obra de Rosalía. Os seus versos transcende no tempo ata a actualidade. A mensaxe é a mesma, pero cun ritmo e unha métrica máis actual”. O realizador destacou neste traballo a aportación de todos os que formaron parte del. “Cando te xuntas con xente así, so tes que poñer a cámara e logo montalo todo. Tanto os que saen no vídeo como os que non o fan, como a xente do departamento de Cultura co seu traballo na sombra, fixeron que funcionase”, engadiu.
O vídeo xa se pode reproducir a través de plataformas como Youtube co título de Día de Rosalía - A Estrada 2022.
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Rescatan a un hombre que se subió a lo más alto de una grúa para lanzarse al vacío en Rosalía de Castro
- En libertad el cabecilla de la red que traficaba con Rivotril y en la que están implicados médicos de Cangas y Vigo
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- Una valla publicitaria de ocho metros en Gran Vía para declararse: «¿Rubén, quieres casarte conmigo?»
- Dueños exigen a inquilinos el abono del seguro de impago de alquiler en Vigo: «Es un abuso»