Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

noelia seijas otero nnficha persoal | Premio Extraordinario do Grao en Odontoloxía

“Soa raro, pero de pequena gustábame ir ao dentista porque tiña ortodoncia”

“É fundamental que os pais con medo ao odontólogo non llelo transmitan aos fillos”

A odontóloga lalinense Noelia Seijas Otero, onte, en Santiago de Compostela. | // XOÁN ÁLVAREZ

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela acordou o 27 de xaneiro conceder o Premio Extraordinario do Grao en Odontoloxía a lalinense Noelia Seijas Otero. O galardón corresponde ao curso 2020-2021. O feito coincide no tempo co anuncio de que a tamén dezá Sofía Mercedes Haselgruber de Francisco obtivo o posto número 1 no exame MIR (Médico Interno Residente) 2022, segundo a listaxe provisional de resultados que acaba de dar a coñecer o Ministerio de Sanidade.

–Que lle parece o premio da universidade compostelá?

–Dende finais de decembro sabía que nolo poderían dar a unha compañeira e a min. O diploma chegou onte (polo martes) e a verdade é que me fai moita ilusión. Hai que ter en conta que en todas as carreiras, pero sobre todo na sanidade hai que seguir formándose aínda que remates os estudos.

–Tendo en conta de que non hai tradición familiar, qué foi o que lle chamou da Odontoloxía?

–Eu tiña que tirar polos mobles ou pola fotografía (risas). De pequena tiven ortodoncia e aínda que non estou especializada en ortodoncia, gustábame ir ao dentista. Xa sei que soa raro pero foi así, de pequena gustábame moito ir. Sempre pensei que quería facer o que me facían aquelas chicas pero elas eran hixienistas. Ao final o que fixen foi a carreira completa.

–Traballa no seu na clínica onde atopou traballo tan pronto?

–Tiven moita sorte. Efectivamente, podo traballar no meu porque o que fago son as endodoncias, as caries e todas esas cousas. De cirurxía non porque non me gusta. Sempre hai unha especialidade que gusta un pouco menos, pois a miña é a cirurxía.

–Mellora a saúde bucal da xente ou hai que seguir aprendendo?

–A ver, a miña experiencia profesional por agora é bastante curta pero si que podo dicir que hai moitos pacientes que acoden cando teñen dor. Por exemplo, na clínica na que empecei a traballar dende fai uns meses tamén se prioriza moito o que é a prevención e todo iso. Entón, normalmente hai caries que son pequenas e como a xente adoita vir a hixiene podemos conseguir que non avance e iso está moi ben. Como en todo, hai pacientes moi disciplinados e hai outros aos que lle dis que teñen unha caries pero ata que lles doe non veñen á consulta.

–Ata qué punto é importante acostumar aos cativos a visitar sen medo ningún ao odontólogo?

–Tamén hai que ter en conta que é fundamental que os pais que teñen medo ao odontólogo non llelo transmitan aos fillos. As veces están un pouco asustados cando están contigo pero sobre todo polos pais e non por eles. Agora tamén existe a figura do odonto-pediatra especializado en nenos e tamén hai cada vez mais portas do Ratoncito Pérez nas consultas que axudan moito a que todo sexa máis familiar para os máis pequenos non pasen un mal trago. Todo o que sexa quitarlle o medo aos rapaces é moi bo para esta profesión.

–Ten tempo para a equitación, unha das súas paixóns?

–-É certo que cando era pequena sempre vía ao meu pai e ao meu irmán marcharse de a cabalo e a min fastidiábame non poder ir con eles. Agora xa dende fai moitos anos pois podo montar. De feito é todo un ritual ir todos os domingos de a cabalo. Na miña casa sempre tivemos moita vinculación cos cabalos e penso que é algo que seguirá sendo así toda a vida.

–Non lle apetece competir como fai o seu irmán?

–O meu irmán correu en moitas carreiras, o que pasa é que agora como está no exército en Zaragoza non pode facer tanta equitación e montar como facía cando estaba en Lalín. A verdade é que el faino moi ben porque leva moito tempo e é unha magoa que non poida continuar pero, claro, resúltalle moi complicado poder compaxinalo.

Compartir el artículo

stats