Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Anuario Descubrindo de 2021 inclúe escritos inéditos sobre O Matemático de Bermés e Loriga

María Rosario Golmar, Carmen Villanueva, Juan López Bezoya e Pedro Santos estréanse na edición que mañá se presenta en Lalín

O proxecto Roteiros de Lalín ocupa o segundo artigo do número 14 do Anuario Descubrindo. |

A nova entrega do Anuario de Estudios e Investigación de Deza, “Descubrindo”, que vai ser presentada mañá en Lalín, conta con 428 páxinas nas que 17 autores abordan distintas teimas en 16 artigos achegando información relevante sobre as terras do Deza. O volume número 14 da publicación do Seminario de Estudios de Deza (SED) estrutúrase en 5 arterias principais: arte, arquitectura e patrimonio, biografía, historia, xeografía e comunicacións. Na edición de 2021 os novos nomes de colaboradores son os de María Rosario Golmar, Carmen Villanueva, Juan López Bezoya e Pedro Santos. Os escritos inéditos sobre O Matemático de Bermés e Loriga semellan os máis interesantes do Descubrindo 14.

Os cruceiros no Camiño de Inverno ao seu paso pola comarca do Deza.

A doutora en Historia da Arte e coordinadora administrativa de Descubrino, Cecilia Doporto, asina o primero dos apartados cun artigo que versa sobre a importancia do paso do Camiño de Inverno a través da comarca dezá, reflectindo os cruceiros (manifestacións artísticas da arte popular) que o peregrino pode atopar ao longo deste traxecto xacobeo.

Roteiros de Lalín. Un proxecto de dinamización socioeconómica baseado na divulgación, conservación e posta en valor do patrimonio.

José Luis Rodríguez Jácome, presidente de Roteiros de Lalín, elabora un segundo artigo que sirve de canle para a divulgación do territorio, potenciando tamén a gastronomía e os produtos agroalimentarios.

Apuntamentos sobre as biografías e a relación entre Laxeiro e Xesús Golmar (artigo no xornal “Razón”, 1933).

María Rosario Golmar debuta como colaboradora do Descubrindo facendo fincapé nas biografías de persoeiros dezás sobranceiros coma Laxeiro ou Xesús Golmar. Un artigo no xornal Razón sirve de base para o traballo.

Manuel González Ferradás, “O Naranxo” (1879-1945).

Daniel González Alén,cronista oficial da capital dezá é o autor dun artigo adicado a Manuel González Ferradás, o inmortal O Naranxo que serviu de inspiración para os retratos de Laxeiro pero tamén no libro do escritor Ramón de Valenzuela.

Don Beltrán Legerén, constructor de fábricas de curtidos: xenealoxía familiar e industrial (1807-1854).

José Ramón Pérez Salgado traslada ao lector do anuario aos comezos do século XIX para atopar asentado en Trasdeza a Beltrán Legerén, un próspero construtor de fábricas de curtios que acadou notable éxito empresarial na zona.

Primo Castro Vila en primeira persoa. O único alcalde republicano electo do Concello de Agolada (1880-1950).

O agoladés de adopción e colaborador de FARO DE VIGO, Ángel Luis Utrera Baza, céntrase na figura dun rexidor agoladés singular e inesquecible. Primo Castro Vila pasou a historia contemporánea da súa terra coma o único alcalde republicano electo no concello de Agolada.

Don Luis Rodríguez Varela “O Conde Filipino” (1768-1824): xenealoxía e liñaxe.

Antonio Vidal Neira, historiador é colaborador de FARO DE VIGO, e José Ramón Pérez Salgado viaxan ata o século XVIII para vivir os avatares da vida de Luis Rodríguez Varela, máis coñecido polo alcume “O Conde Filipino”, descendente dunha liñaxe oriúnda da parroquia de Santa Comba no concello de Agolada.

Trasdeza ou Silleda? Apuntamentos históricos sobre o nome dun concello.

Diego Frade Amil encárgase de abrir un extenso apartado do Descubrindo 14 adicado á historia da comarca. No seu artigo fálase dos aspectos administrativos acontecidos durante o século XIX que son a orixe dos termos Trasdeza e Silleda, empregados de forma indistinta para aludir ao concello.

Orixe e historia da Casa de Negreiros de San Mamede de Castro.

Daniel García Coego lévanos neste artigo á parroquia de San Mamede do Castro (Silleda), concretamente á Casa de Negreiros, onde no transcurso do século XVI e comezos do XVII residía unha importante liñaxe nesta parte da zona.

Proxecto do arranxo parroquial do Arciprestado de Deza de 1888-1889 (previo ao definitivo de 1891).

O tamén colaborador de FARO DE VIGO e profesor, Xoán Carlos García Porral, participa no anuario cun artigo centrado no último grande arranxo da demarcación parroquial do Arciprestado de Deza que tivo lugar no ano 1891 pero que previamente fora efectuado un proxecto iniciado en 1888 e rematado en marzo do ano seguinte.

O antigo Arciprestado de Trasdeza. A visita de Bustos de la Torre no ano 1701.

Óscar González Murado segue a líña do Descubrindo 13 para presentar desta volta a visita pastoral a terras de Trasdeza do ano 1701, polo bispo de Lugo Lucas Bustos de la Torre.

A división municipal do partido xudicial de Lalín (1835-1836).

José Ramón López Fernández elabora un interesante traballo partindo da documentación procedente do Arquivo da Deputación de Pontevedra que permite establecer a división do Partido Xudicial de Lalín, entre os anos 1835 e 1836.

Unha carta do astrónomo húngaro Pál Tittel a José Rodríguez González, o Matemático de Bermés.

Carmen Villanueva, que é outra das novas sinaturas deste número, e José Antonio Docobo Durántez lembran que formando parta da súa correspondencia persoal, José Rodríguez González, “O Matemático de Bermés”, recibía na súa residencia de París en 1818, unha carta do astronómo húngaro Pál Tittle.

Guillermo Schulz en el corazón de Galicia. Las valiosas interpretaciones de un geólogo alemán en el noreste de la provincia de Pontevedra (1832-1833).

Juan López Bedoya tamén debuta no Descubrindo co único artigo escrito en castelán. O investigador encárgase da sección adicada á xeografía dezá centrándose na figura de Guillermo Schulz, que se convertirá no primeiro xeólogo que a recorra. As súa aportacións científicas quedarán reflectidas nos seus preciados cadernos de campo.

Crónica e poemas de Xesús Golmar sobre Xoaquín Loriga.

A primeira das dúas comunicacións do Descubrindo de 2021 é de Charo Golmar é está recollida nuna publicación do xornal “La Provincia”, do ano 1926, e versa sobre a crónica e os poemas adicados ao aviador Loriga por Xesús Golmar.

Joaquim Loriga Taboada.

Un poema pecha o anuario de 2021 gracias a Pedro Santos que tamén adícalle un poema ao intrépido aviador de Liñares que formou parte da Escuadrilla Elcano no 1926.

Compartir el artículo

stats