O Partido Popular defenderá mañá no pleno da Deputación de Pontevedra unha moción para reclamar ao goberno provincial que, se o Ministerio de Transportes suspende o convenio asinado en 2015 para recuperar e poñer en valor os xacementos galaico-romanos, aprobe un plan propio para dar continuidade aos traballos. O voceiro popular, Jorge Cubela, refírese ás “serias dúbidas” mostradas en datas recentes polo organismo estatal sobre a continuidade do proxecto, logo dos informes críticos coas actuacións xa acometidas en tres castros, entre eles, o de Toiriz (Silleda). No programa había outros quince, caso de Porta de Arcos (Rodeiro) e Alto da Cruz (Cerdedo-Cotobade).