A igualdade de xénero será protagonista nos vindeiros días nos dous centros educativos de secundaria de Silleda a través de diferentes actividades.

Ao IES Pintor Colmeiro volta o programa Mulleres en Acción Violencia Zero, promovido pola Deputación de Pontevedra, cun obradoiro xa este venres en horario de 10 a 14:20. A acción chegará o vindeiro martes, 1 de febreiro, a cargo da polifacética actriz e presentadora Beatriz Serén (Lugo, 1987), diplomada en Arte Dramático e técnica superior en Producción Audiovisual. A súa proposta, Pel, fará ao alumnado participante ampliar a súa visión, sentimentos, pensamentos...

Por outra banda, o vindeiro luns, día 31, ás 12:15 horas celebrarase no Colexio Plurilingüe María Inmaculada unha sesión informativa sobre agresións e violencia sexual, impartida por Angélica Mercado Torres, para o alumnado de 4º da ESO. Chega no marco do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e a Fegamp, para conformar unha rede de entidades locais contra a violencia sexista.